Daniel Vázquez-Gulías Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
Daniel Vázquez-Gulías Martínez.jpg
Nacemento 30 de agosto de 1869
  Beariz
Falecemento 3 de febreiro de 1937
  A Coruña
Nacionalidade España
Alma máter Universidade Politécnica de Madrid
Ocupación arquitecto
Fillos Celso Vázquez-Gulías Álvarez
editar datos en Wikidata ]
Igrexa de santa María de Cortegada.

Daniel Vázquez-Gulías Martínez, nado en Beariz o 30 de agosto de 1869 e finado na Coruña o 3 de febreiro de 1937, foi un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Daniel Vazquez Martínez ou Vázquez-Gulías Martínez era fillo do médico Francisco Javier Vázquez Gulías e de Dolores Martínez Blanco. Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid entre 1889 e 1895 obtendo o título de arquitecto o 13 de marzo de 1897. Ao ano seguinte chegou a Ourense para substituír como arquitecto municipal a José Antonio Queralt Rauret. En 1899 supleu a vacante do cargo de arquitecto diocesano por cambio de residencia de Antonio Queralt, quen se estableceu en Pontevedra. Foi tamén arquitecto de Facenda. Foi pai de Celso Vázquez-Gulías Álvarez.

A súa arquitectura pódese cualificar de "doméstica" e comercial, e soubo xogar coa plasticidade do ferro e a pedra. Introduce elementos tomados en préstamo dos arquitectos modernistas como son talos ondulantes de plantas liliáceas, lotos e tulipáns. É un ecléctico, móvese entre a tradición e a innovación. Foi o seu colaborador o artesán e fundidor Malingre.

Obras[editar | editar a fonte]

En Ourense deixou múltiples edificios relixiosos e civís. Entre os edificios relixiosos merecen especial mención o templo parroquial de Santa María de Cortegada de Baños (1899), o templo parroquial de Santa Cruz de Terroso (1902), o templo parroquial de Santo Tomé o Novo de Maside (con Luís Bellido), reformas no templo parroquial de San Munio de Veiga (1903), reforma e reparación extraordinaria do templo parroquial de San Xoán de Louredo no arciprestado de Pao (1904), templo parroquial de Santiago das Caldas (1905).

En 1905 xunto ao mestre de obras José Porto Román, veciño de Maside, levaron a cabo as obras de reparación extraordinaria do templo parroquial de San Salvador de Nocedo do Val. En 1906, reparación do templo parroquial de Santa María de Xinzo e de construción de San Xoán de Louredo. En 1909, reparación do templo parroquial de Santiago de Cerreda, e templo parroquial de Santa María de Baíste no arciprestado de Avión. En 1911, obras do templo parroquial de Santiago das Caldas.

Fóra da provincia sitúase o Balneario da Toxa.[1]

Tamén é obra súa o panteón familiar construído no cemiterio de San Francisco en Ourense, onde descansan os seus restos mortais.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]