Daniel Castro García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Castro García
Nacemento6 de xaneiro de 1996
Lugar de nacementoRibadeo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
Na rede
Facebook: daniel.castrogarcia.31 Twitter: Daniel_CasG Instagram: dani_castro_garcia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Daniel Castro García, nado en Ribadeo o 6 de xaneiro de 1996[1], é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.

Estudos[editar | editar a fonte]

Fillo de Vicente Castro Reigosa, concelleiro do BNG en Ribadeo, cursou os estudos de primaria no C.P. Gregorio Sanz, pasando logo ó IES Porta da Auga e ó acabado de formar IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, onde rematou o bacharel en 2014. Fixo o grao en linguas estranxeiras na Universidade de Vigo, rematando en 2018. A continuación comezou a estudar Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militou en Galiza Nova dende os 19 anos, formando parte da súa dirección nacional en 2018, ano no que tamén comezou a formar parte do Consello Comarcal do BNG. No 2019 pasou ó Consello Nacional.

Nas Eleccións xerais de España de 2019, en ambas as convocatorias (abril e novembro) ocupou o 4º lugar na lista do BNG por Lugo. Nas eleccións autonómicas de 2020 foi o número 2 da candidatura do BNG pola provincia de Lugo e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia, sendo o máis novo da súa historia, nun grupo de cinco deputados do BNG que son os máis novos da cámara.[2][3]

En 2023 preséntase como cabeza de lista por Lugo ó congreso.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Daniel Castro Garcia". www.facebook.com. Consultado o 2020-07-21. 
  2. "O ribadense Daniel Castro, o deputado máis novo da historia do Hórreo". El Progreso de Lugo. 2020-07-14. Consultado o 2020-07-19. 
  3. "Conta de Twitter de Daniel Castro". Twitter. Consultado o 2020-07-21. 
  4. "Néstor Rego, Daniel Castro, Noa Presas e Carme da Silva encabezan as listas do BNG ao Congreso". Praza Pública. 2023-06-16. Consultado o 2023-06-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]