CEIP Gregorio Sanz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Colexio Público Gregorio Sanz»)

Coordenadas: 43°32′07″N 7°03′07″O / 43.535278, -7.051944

CEIP Gregorio Sanz
Enderezo
Avda. Luarca s/n, Ribadeo
Datas
Creación1973
Educación
EnsinanzasPrimaria
Xestión
Xunta de Galicia
DirectorLourdes Marqués Espina
Xefe de estudosMª José Gayoso Río
SecretarioMiryam González Rodríguez
Na rede
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgregoriosanz/

O colexio público Gregorio Sanz é un centro de educación primaria de Ribadeo. Inaugurado no 1973 baixo a dirección de Antonio Martínez López, dende 1994[1], por iniciativa da alcaldía e votación en pleno,[2] debe o seu nome ó mestre e pedagogo Gregorio Sanz.

Características[editar | editar a fonte]

Nel o alumnado pode cursar dende educación preescolar ata o 6º curso de educación primaria. En 2005 e cursos sucesivos rondaba os 400 alumnos e alumnas e 20 profesores e profesoras, despois dunha diminución suave pero persistente debido á baixa natalidade.

A construción ten un edificio principal con aulas, un edificio adxacente administrativo, un ximnasio e unha pista cuberta, así como abundante extensión de terreo circundante e outros servizos menores, como parque infantil e un comedor na planta baixa.

Está situado en fronte do IES Porta da Auga e do campo de fútbol.

Ten xornada partida. No 2014 propúxose cambiar a xornada continua, pero non foi aprobado. No curso 2018/2019 volveuse a propoñer.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gregorio Sanz 1". Consultado o 2019-08-25. 
  2. "Desolación e lucidez". La Comarca del Eo (5366). 28 de xaneiro de 2023. p. 5.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda);
  3. "El colegio Gregorio Sanz de Ribadeo, con 400 alumnos, debate implantar la jornada única". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-04. Consultado o 2019-02-06.