Dani Góngora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Góngora
Información persoal
Nome Daniel Góngora Rodríguez
Nacemento 11 de abril de 1994 (30 anos)
Lugar de nacemento Almería
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
2003–2007 Real Madrid
2007–2010 La Cañada
2010–2012 Sevilla
2012–2013 Granada
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2014 SS Reyes
2014–2015 Los Molinos 23 (1)
2015–2016 Arenas 12 (1)
2016 Marino Luanco 10 (2)
2016–2017 Lugo B 17 (5)
2017 Lugo 1 (0)
2017– Real Jaén
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 18 de outubro de 2017editar datos en Wikidata ]

Daniel Góngora Rodríguez, coñecido como Dani Góngora, nado en Almería (Andalucía) o 11 de abril de 1994, é un futbolista profesional español que xoga de dianteiro no Real Jaén.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Almería, Andalucía, Góngora formouse nas categrías inferiores do Real Madrid, UCD La Cañada Atlético, Sevilla FC e Granada CF.[1] O seu debut en categoría absoluta foi no ano 2013 co UD San Sebastián de los Reyes da Terceira División, xogando posteriormente nos Los Molinos CF e no Marino de Luanco.[2] No ano 2016 asinou co CD Lugo da Segunda División, sendo asignado ao filial lucense da Primeira Autonómica. O 5 de marzo debuta co primeiro equipo na categoría de prata. saíndo en substitución de Fede Vico na derrota do equipo lucense por 1−2 no Anxo Carro ante a UD Almería.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]