Dakhla
Coordenadas: 23°43′N 15°57′O / 23.717, -15.950
Dakhla | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
País | Sáhara Occidental |
Rexión | Sáhara Occidental |
Provincia | Oued Eddahab |
Xeografía | |
Altitude | 19 msnm |
Demografía | |
Poboación | 40.000 hab. (2006) |
Dakhla ou Ad-Dakhla (en árabe: الداخلة, 'a interior'), tamén chamada Villa Cisneros, é unha cidade do Sáhara Occidental cunha poboación aproximada de 40.000 habitantes. Atópase a uns 550 km ao sur do Aaiún na costa atlántica, sobre unha estreita península, a península de Río de Oro, que se estende paralela á costa en dirección nordés-suroeste.