Dado-Dadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Dado Dadá é un club de jazz do ensanche compostelán, situado no número 19 da rúa Alfredo Brañas. Abriu as súas portas en febreiro de 1980, sendo o máis antigo dos clubs de jazz de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O club foi dirixido desde a súa fundación por Carlos Asorey e dende o seu falecemento no ano 2007 pola súa viúva Carmen Eixo. Dende 1999 ven celebrando anualmente o ciclo Galicia Cinco EstreJAZZ, composto por concertos e jams tódolos martes de outubro a xullo. Dende 2009, tamén celébranse jams de blues tódolos xoves.

Polo seu escenario pasaron figuras do jazz galego como Abe Rábade, Ramón Ángel, Paco Charlín, Virxilio da Silva, Alvaro Vieito, Pablo Castaño, Manolo Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Toño Otero, Javi "GDJazz" Pereiro, L.A.R. Legido ou Marcelino Galán entre outros. E da escena internacional como Carolin Breuer, Chris Kase, Skip Haden, Barry Harris, Avishai Cohen, Javier Colina, Perico Sambeat, Jorge Pardo, Marc Mirtalta, Carles Carli, Carles Benavent ou Bill Goodwin. No ano 1999, o mestre de jazz Pedro Iturralde gravou no club o seu disco Etnofonias.

Non só o jazz ten cabida no Dado Dadá, e tamén cantautores como Quique González, Ismael Serrano, Sergio Makaroff, Santiago Feliu, Norge Batista, Pedro Luis Ferrer ou o habitual Javier Krahe tocaron no Dado Dadá. Tamén actores e cómicos como Mofa e Befa, Os Tonechos, Simone Negrin, Susana Dans ou Luís Tosar actuaron no club.

O club é punto de reunión dos magos composteláns.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]