DOA (grupo musical)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: DOA.
DOA | |
---|---|
Orixe | A Coruña, Galiza |
Período | 1978 - actualidade |
Xénero(s) | Folk |
Selo(s) discográfico(s) | Ruada Sociedad Fonográfica Asturiana Xingra Producciones Mare Produccións |
Membros | Bernardo Martínez Xoán Piñón Enrique F. Ferreira |
Antigos membros | Miro Casabella Xaquín Blanco |
Na rede | |
www.doa-music.com |
DOA é un grupo musical galego de música popular, medieval e moderna.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doa xorde na Coruña en 1978, formado inicialmente por Bernardo Martínez (frauta), Xoan Piñón (guitarra) e Enrique F. Ferreira (violonchelo), comeza acompañando a Xosé Quintas Canella; o seu estilo ten como base a música popular e medieval galegas, incluíndo de cando en vez, composicións propias.
Coa incorporación de Miro Casabella (voz, zanfona, cítola), Xaquín Blanco (gaitas, bombarda, frautas) e Pedro Puértolas (violín), queda configurada a formación que rexistraría a primeira gravación.
Discografía
[editar | editar a fonte]- O son da estrela escura (1979) (editorial Ruada)
- Polaridade (1984) (Sociedad Fonográfica Asturiana)
- Perfiles (1986) (Sociedad Fonográfica Asturiana)
- Arboretum (2002) (DOA, Xingra)
- A fronda dos cervos (2006) (DOA, Mare Produccións)
- A fronda dos cervos (2011) (DOA, FOL MUSICA) Mellor Disco 2011 nos XI Premios Opinión de Música Folk
O grupo caracterízase por un dinamismo permanente nas súas diversas formacións e pola colaboración de numerosos músicos:
Membros fundadores | Membros de gravacións e directos | Colaboradores de gravación |
---|---|---|
Bernardo Martínez (Frauta, percusión, teclados e arranxos) | Miro Casabella (voz, zanfona, cítola, arranxos)
Xosé Quintas Canella (Voz, zanfona, percusión) |
Víctor Manuel (voz e produción). |
Xoán Piñón (guitarra, laúde, mandolina, arranxos) | Xaquín Blanco (gaita, bombarda, frautas, percusión, arranxos) | Julio Blasco (contrabaixo) |
Enrique F. Ferreira (violonchelo) | Pedro Puértolas (violín) | Amancio Prada (voz) |
Michel Canadá (violín) | Javier Cedrón (violín) | |
Francisco Luengo (gaita, sitar, viola de gamba) | Roberto Grandal (acordeón) | |
Luciano Pérez (gaita, organistro) | Javier Ferreiro (percusión) | |
Carlos Castro (teclados, percusión, vibráfono, arranxos) | Alfonso Morán (contrabaixo) | |
Manuel Mosquera (frauta) | Leilía (voces) | |
Pepe Bordallo (baixo eléctrico) | Isabel Sanjuán (violín) | |
Baldo Martínez (baixo eléctrico) | ||
Xavier Jurado (frauta) | ||
Rubén Pérez (guitarra) | ||
Manuel Varela (teclados) | ||
Nora McEvoy (violín) | ||
Óscar Fernández (zanfona, arranxos) | ||
Rosa Cedrón (voz, violonchelo) | ||
Toni D´Arco (guitarra) | ||
Susana de Lorenzo (voz) | ||
Gertraud Brilmayer (violín, voz) | ||
Martín Marticorena (zanfona) | ||
Fran Castro (teclados) | ||
Eduardo Coma (violín) | ||
Rebeca Maseda (violín, voz) | ||
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Estévez, Xoán Manuel e Losada, Óscar. Editorial Tristram, ed. Crónica do folk galego.