Cuns, Cando, Outes
| Cuns | |
|---|---|
| Parroquia | Cando |
| Concello | Outes |
| Coordenadas | 42°51′22″N 8°52′06″O / 42.856, -8.8682 |
| Poboación | 76 hab. (2020) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Cuns é un lugar da parroquia de Cando, no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (IGE 2020) ten 76 habitantes (33 homes e 43 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 151 habitantes. Ten un total de 47 casas.
Atópase a uns 10 km de Outes e de Noia e a uns 5 km de Ponte Nafonso. É o último núcleo urbano do concello de Outes antes de comezar o de Negreira.
Preto del están O Castelo, un miradoiro dende o que se ve o río Tambre, a Pedra Serpal e a montaña da Pena, considerada de interese xeográfico.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cando
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Cando no concello de Outes (A Coruña) | |
|---|---|
|
Boca de Oroña | Cancelo | Cando de Abaixo | Cando de Arriba | Carballido | A Corga | Cuns | Filgueiro | O Gallardo | Insua | Loureiro | A Ponte Nafonso | O Pumar | San Tirso | A Toxeira | O Vilar | Vilardigo |