Outes, Outes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Outes
Outes.Galiza.11.jpg
A rúa da Vila na Serra de Outes.
Concello Outes
Poboación 1.909 hab. (2011)
Entidades de poboación 20

San Pedro de Outes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Outes na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 1.909 habitantes (999 mulleres e 910 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación[1].

A capital do concello de Outes, áchase no lugar desta parroquia da Serra de Outes, única entidade de poboación do concello con categoría de entidade singular (urbana).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A Igrexa parroquial de San Pedro foi construída a principios do século XVIII polo marqués da Sierra. De planta de cruz latina posúe catro altares laterais e o altar maior.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Outes[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Outes no concello de Outes (A Coruña)

Berres | Boel | Cambeiro de Abaixo | Cambeiro de Arriba | A Carballa | Carleo de Abaixo | Carleo de Arriba | O Castelo | O Couto | Cures | Lantarou | Lucil | Mirás | Moledo | Outes | Sande de Abaixo | Sande de Arriba | A Serra de Outes | O Vilar de Outes | Vista Alegre

Parroquias de Outes[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Outes

Cando (San Tirso) | Entíns (Santa María) | O Freixo de Sabardes (San Xoán) | Matasueiro (San Lourenzo) | Outes (San Pedro) | Roo (San Xoán) | San Cosme de Outeiro (San Cosme) | Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente) | Tarás (San Xián) | Valadares (San Miguel)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. No Nomenclátor da Xunta de Galicia, A Serra de Outes figura como un lugar desta parroquia. Porén, no nomenclátor do Instituto Galego de Estatística figura como unha entidade singular de poboación (pola súa poboación e polo seu carácter urbano) pero sen a consideración de parroquia. Xa que logo, os datos da poboación desta parroquia veñen da suma das poboacións da parroquia de Outes e da entidade singular da Serra de Outes, que se reflicten no nomenclátor do IGE.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]