Cuadríceps

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Músculo cuadríceps femoral
Gray430.png
Músculo cuadríceps femoral.
Quadriceps 3D.gif
Músculo cuadríceps femoral (animación).
Latín 'musculus quadriceps femoris'
Gray's asunto #200 470
Sistema Muscular
Arteria Arteria femoral
Nervio(s) Nervio femoral
Precursor Extensión de perna
MeSH Quadriceps+Muscle

O músculo cuadríceps femoral ou simplemente cuadríceps [1]  (denominación científica: musculus quadriceps femoris )[2] é o músculo máis potente e voluminoso de todo o corpo humano. É o que soporta o noso peso e permítenos andar, camiñar, sentar e correr. Denomínase cuadríceps por ter catro testas musculares. Atópase na cara anterior do fémur.[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

Músculos que o compoñen e a súa orixe[editar | editar a fonte]

  • Músculo recto femoral ou recto anterior: Cobre o vasto intermedio e parte dos vastos medial e lateral. Orixínase na espiña ilíaca anteroinferior e cella cotiloidea, ambas as dúas no óso coxal.
  • Músculo vasto medial ou vasto interno: Cara antero-medial (cara á liña media ou cara interna) da coxa. Insérese na patela (rótula) e tibia. Ten unha orixe extensa que vai desde a parte distal (extremo medial inferior) da liña intertrocantérea até o labio medial da liña áspera, ambas as liñas pertencentes ao fémur.
  • Músculo vasto lateral ou vasto externo: Cara antero-lateral (cara externa) da coxa. Orixínase na parte superior da liña intertrocantérea, no trocánter maior, e bordo lateral da liña áspera.
  • Músculo vasto intermedio ou crural, situado entre os dous anteriores, na cara anterior do fémur e por baixo do recto femoral. É o máis profundo dos 4 ventres do cuadríceps. Orixínase nos dous terzos superiores das caras anterior e lateral do fémur.
Músculo cuadríceps femoral

Inserción[editar | editar a fonte]

O catro ventres converxen e forman un tendón moi groso e potente chamado tendón do cuadríceps (ou cuadricipital), o cal se insere na base e costados da rótula. Logo este tendón pasa a constituír o ligamento ou tendón rotuliano, o cal vai desde o vértice da rótula até a tuberosidade anterior da tibia.

Función[editar | editar a fonte]

Os cuadríceps son potentes extensores do artellamento do xeonllo. Son cruciais para camiñar, correr, saltar e porse en crequenas. Debido a que o recto femoral liga co óso ilio, tamén é un flexor da cadeira. Esta acción tamén é crucial para camiñar ou correr, xa que balancea a perna cara a adiante no seguinte paso. Os cuadríceps, especificamente o vasto medial, desempeñan a importante función de estabilización da rótula e o artellamento do xeonllo durante a marcha.[4]

Inervación[editar | editar a fonte]

Nervio crural ou femoral (L2-L4).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. DRAG
  2. Vocabulario de medicina, Santiago de Compostela, Universidade / Consellería de Sanidade, 2008; Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  3. Gray´s Anatomy para Estudiantes. Elsevier. ISBN 9788481748321. 
  4. Therapeutic Exercises, Carolyn Kisner & Lynn A. Colby, 5th ed. (2002) 692-93. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]