Dióxenes de Sínope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dióxenes de Sínope

Dióxenes de Sínope, en grego antigo, "Διογένης ὁ Σινωπεύς" (c. -413, Sinop, hoxe en Turquía – c. -323, Corinto), foi un filósofo grego e se cadra o maior representante do Cinismo, escola filosófica fundada por Antístenes de Atenas, que fora discípulo de Sócrates e mestre de Dióxenes.

Segundo a tradición, Dióxenes vivía deambulando polas rúas na máis completa miseria até que un día foi aprisionado por piratas para, posteriormente, ser vendido como escravo. Un home con boa educación chamado Xeníades comprouno. Logo constatou a intelixencia de seu novo escravo e confioulle tanto a xerencia dos seus bens canto a educación dos seus fillos:

navegando a Exina foi capturado por piratas, cuxo capitán era Escirpalo, e vendido en Creta. Nesta ocasión, preguntándolle o pregoeiro «que sabía facer», respondeu: «Mandar nos homes»; e sinalando co dedo a certo corintio que pasaba por alí moi ben vestido (era o Xeníades que dixemos antes), dixo: «Véndeme a este; este necesita de amo». Comprouno en efecto Xeníades; levouno a Corinto; fíxoo preceptor dos seus fillos e administrador de toda a súa casa. Portouse nela de maneira que Xeníades dicía por todas partes: «O bo xenio veu á miña casa».[1]

Dióxenes levou ao extremo os preceptos cínicos de seu mestre Antístenes. Foi o exemplo vivo que perpetuou a indiferenza cínica perante o mundo. Desprezaba a opinión pública e parece ter vivido nunha pipa ou barril. Os seus únicos bens eran unha alforxa, un bastón e unha tixela (que simbolizaban o desapego e auto-suficiencia perante o mundo), sendo coñecido como o filósofo que vivía como un can.

A felicidade - entendida como autodominio e liberdade espiritual - era a verdadeira realización dunha vida. A súa filosofía combatía o pracer, o desexo e a luxuria pois isto impedía a auto-suficiencia. A virtude - como en Aristóteles - debería ser practicada e isto era máis importante que teorías sobre a virtude.

Dióxenes é tido como o primeiro home en afirmar, "Son unha criatura do mundo (cosmos), e non dun estado ou unha cidade (polis) particular", manifestando así un cosmopolitismo relativamente raro no seu tempo.

Dióxenes parece ter escrito traxedias ilustrativas da condición humana e tamén unha República que tería influenciado a Zenón de Citio, fundador do estoicismo. De feito, a influencia cínica sobre o estoicismo é bastante salientábel.

Dióxenes, de John Willian Waterhouse, mostrando a súa lámpada, o seu barril e as cebolas das cales se nutría.

Probabelmente, Dióxenes foi o mais folclórico dos filósofos, son innúmeras as historias que se contaban sobre el xa na Antigüidade. É famosa, por exemplo, a historia de que saía en plena luz do día cunha lanterna acesa procurando por homes verdadeiros (ou sexa, homes auto-suficientes e virtuosos). Igualmente famosa é súa historia con Alexandre o Grande:

Estando tomando o sol no Cranión, achegóuselle Alexandre e díxolle: «Pídeme o que queiras»; ao que respondeu el: «Pois non me fagas sombra». [2]

Esa resposta impresionou vivamente a Alexandre, que, na volta, ouvindo aos seus oficiais falaren mal de Dióxenes, dixo: "Se eu non fose Alexandre, querería ser Dióxenes." Outra historia famosa é a de que, tendo sido reprendido por estar a se masturbar en público, simplemente exclamou: "O! Que pena que non poda aliviar a fame só refregando a barriga!"

Non se sabe cando nin de que morreu, Dióxenes Laercio refire varias historias, todas moi favorábeis ao cínico:

Acudindo os pais destes e algúns señores, enterrárono xunto da porta que conduce ao istmo. Erixíndolle unha columna, e sobre ela un can de mármore pario. Despois tamén os seus paisanos o honraron con estatuas de bronce. [3]

Di Dióxenes Laercio que segundo Demetrio a morte de Dióxenes ocorreu no mesmo día en que Alexandre o Grande morreu en Babilonia. Outra lenda conta que Sócrates morreu no día en que Dióxenes naceu.

A súa obra[editar | editar a fonte]

O reencontro de Dióxenes e de Alexandre

É en parte por causa de seu comportamento escandaloso que os escritos de Dióxenes caeron no case total esquecemento. A politeia (a República) de Zenón de Citio, fundador da escola estoica, baséase na obra do mesmo nome escrita por Dióxenes, e onde este ataca numerosos valores do mundo grego, preconizando, entre outros, a antropofaxia, a liberdade sexual total, a indiferenza á sepultura, a igualdade entre homes e mulleres, a negación do sagrado, a recadación en prol da cidade e de súas leis, a supresión das armas e da moeda. por outro lado, Dióxenes consideraba o amor absurdo: un non se debe apegar a outra persoa.

Certos estoicos, por tanto próximos da corrente cínica de Dióxenes, parecen ter preferido disimular e esquecer esa herdanza xulgada « embarazosa ».

Pegada cultural[editar | editar a fonte]

Dióxenes aparece como personaxe da obra de teatro Cínicas, de Teresa Moure (2010).


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dióxenes Laercio: Vidas.. Capítulo Sexto, Dióxenes o cínico, 42
  2. Dióxenes Laercio: Vidas.. Capítulo Sexto, Dióxenes o cínico, 7
  3. Dióxenes Laercio: Vidas.. Capítulo Sexto, Dióxenes o cínico, 45

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

A principal fonte de dados sobre a súa vida é Dióxenes Laercio; ver tamén as notas de Mayor sobre Xuvenal, Sátira XIV, 308-3 148

  • Dióxenes Laercio VIDAS, OPINIONES Y SENTENCIAS DE LOS FILÓSOFOS MÁS ILUSTRES Edición dixital
  • Diogenes of Sinope: The Man in the Tub, de Luis Navia. Greenwood Press, Westport Press, 1989. ISBN 0-313-30672-9.
  • García Gual, Carlos La secta del perro: vidas de los filósofos cínicos Madrid: Alianza 2005 ISBN 84-206-7767-1
  • Diogenes, Herakleitos and Diogenes, traducido por Guy Davenport. Bolinas: Grey Fox Press, 1979. ISBN 0-912516-36-4. (Complete fragments of Diogenes translated into English.)
  • Critique of Cynical Reason, de Sloterdijk, Peter. Tradución de Michael Eldred; proemio de Andreas Huyssen. Minneapolis: University of Minnesota Press, 1987

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]