Vaca e polo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cow and Chicken»)

Vaca e polo

Logo de Vaca e polo
FormatoAnimación, comedia
Creado porDavid Feiss
Desenvolvido porHanna-Barbera Cartoons
David Feiss Productions
Rough Draft Studios
WildBrain
IntérpretesCharlie Adler
Dee Bradley Baker
Candi Milo
Howard Morris
Dan Castellaneta
Tema de apertura"Cow and Chicken" de Guy Moon
Tema de peche"Cow and Chicken" (Instrumental)
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas4
Episodios52 (104 segmentos) (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Brian A. Miller
Sherry Gunther (tempadas 1–2)
Larry Huber (tempada 1)
Buzz Potamkin (só piloto)
Para Cartoon Network (tempadas 3–4): Linda Simensky (tempdas 3–4) e Khaki Jones (tempadas 3–4)
Duración12 minutos
DistribuidorWarner Bros. Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixeCartoon Network
Formato de imaxe480i (4:3 SDTV)
Primeiro episodio15 de xullo de 1997
Derradeiro episodio24 de xullo de 1999
Na rede
http://www.cartoonnetworkla.com/english/cowchicken/index.html
IMDB: tt0118289 Allocine: 4990 Metacritic: tv/cow-and-chicken TV.com: shows/cow-and-chicken Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vaca e polo (en inglés: Cow and Chicken) é unha serie de animación estadounidense de comedia creada por David Feiss para Cartoon Network, sendo a terceira das producións de Cartoon Cartoons. Conta as aventuras surrealistas de dous animais irmáns, unha vaca e un polo. A miúdo lidian co seu antagonista, Red Guy, unha caricatura do Demo que trata de enganar ás dúas personaxes.

O piloto orixinal da serie estreouse como parte de What a Cartoon!. A popularidade da curta permitiu a Hanna-Barbera dar luz verde para a creación dunha serie completa, que se estreou o 15 de xullo de 1997. Orixinalmente, Vaca e polo estaba unido a outro segmento chamado Mandril e donicela, que máis tarde se convertería na súa propia serie, o 10 de xuño de 1999. A serie foi producida por Hanna-Barbera Cartoons. Foi nomeada a dous Premios Emmy.

Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]