Dan Castellaneta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dan Castellaneta
Nome completoDaniel Louis Castellaneta
Nacemento29 de outubro de 1957
LugarChicago
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enUniversidade do Norte de Illinois e Oak Park and River Forest High School
Cónxuxe(s)Deb Lacusta
Profesiónactor, humorista e escritor
Na rede
IMDB: nm0144657 Allocine: 108788 Rottentomatoes: celebrity/dan_castellaneta Allmovie: p11700 TCM: 30640 Metacritic: person/dan-castellaneta TV.com: people/dan-castellaneta-1
Musicbrainz: b55a17bd-c47e-4163-895c-db06665c8b7a Songkick: 225168 Discogs: 513413 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Daniel Louis "Dan" Castellaneta, nado o 29 de outubro de 1957, é un actor estadounidense, dobrador, comediante e guionista. Famoso por darlle voz a Homer Simpson na versión orixinal da serie de televisión animada Os Simpsons, ademais de moitos outros personaxes da serie, incluíndo Abraham Simpson, Barney Gumble, Krusty o pallaso, o xardineiro Willie, o alcalde Quimby e Hans Moleman.

Nacido en Oak Park, Illinois, un suburbio de Chicago, Castellaneta comezou a asistir a clases de teatro a curta idade. Escoitaba discos de comedia do seu pai e facía imitacións de artistas. Despois de se formar na Northern Illinois University, Castellaneta xuntouse á compañía de teatro The Second City de Chicago, en 1983, traballando coa troupe ata 1987. Chegou á fama na serie televisiva O show de Tracey Ullman, estreada en 1987, que incluía unha serie de curtas de animación sobre unha familia disfuncional. Necesitábanse voces para as curtas, polo que os produtores decidiron pedirlle a Castellaneta que interpretase a voz de Homer. A voz que creou para o personaxe comezou como unha versión libre da de Walter Matthau, pero máis tarde evolucionou para unha voz máis robusta. As curtas acabarían por independizarse como The Simpsons. Castellaneta gañou catro Primetime Emmy Awards por interpretación de voz sobresaínte no seu traballo na serie, así como un premio Annie por logros individuais destacados no campo da animación, en 1993. Castellaneta co-escribiu catro episodios de The Simpsons coa súa esposa Deb Lacusta.

Castellaneta tamén tivo papeis en varios programas de televisión, incluíndo Sibs, unha comedia televisiva en vivo, The Adventures of Dynamo Duck, e na serie animada Back to the Future: The Animated Series, Earthworm Jim, Aladdin, Hey Arnold!, e Darkwing Duck. En 1999 apareceu no especial de Nadal Oliver, o outro reno, gañando un premio Annie pola súa interpretación do carteiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]