Saltar ao contido

Máquina Enigma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Máquina Enigma
 Instancia de
 Composto por
Datas
 Descuberta / invención
1918 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/02jgc Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Enigma era o nome dunha máquina que dispoñía dun mecanismo de cifrado rotatorio, que permitía usala tanto para cifrar como para descifrar mensaxes. Varios dos seus modelos foron moi empregados en Europa dende comezos dos anos 1920.

A súa fama débese a ter sido adoptada polas forzas militares de Alemaña dende 1930. A súa facilidade de manexo e suposta inviolabilidade foron as principais razóns para o seu amplo uso. O seu sistema de cifrado foi finalmente descuberto e a lectura da información que contiñan as mensaxes supostamente protexidas é considerada como unha das causas de ter rematado a segunda guerra mundial cando menos dous anos antes do que ocorrería sen o seu descifrado.

A máquina equivalente británica, Typex, e varias estadounidenses, como a SIGABA (ou M-135-C no exército), eran semellantes a Enigma. A primeira máquina moderna de cifrado rotatorio, de Edward Hebern, era considerablemente menos segura, feito constatado por William F. Friedman cando foi ofrecida ó goberno dos Estados Unidos.

Unha máquina electromecánica de cifrado rotativo; a versión amosada é posiblemente a militar, pero é semellante á comercial Enigma-D.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]