Cortaderia jubata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cortaderia jubata
Cortaderiajubata.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Xénero: Cortaderia
Especie: C. jubata
Nome binomial
'Cortaderia jubata'
(Lem.) Stapf
Sinonimia

Cortaderia atacamensis

Cortaderia jubata é unha especie de planta da familia das gramíneas. Recibe tamén os nomes comúns da cortadeira, como por exemplo herba da pampa, pero cómpre non con confundila coa especie: Cortaderia selloana, que tamén recibe estes nomes comúns.

Descrición[editar | editar a fonte]

Cortaderia jubata é similar ao seu parente máis extenso, á herba de pampa (Cortaderia selloana), mais pode acadar un tamaño máis alto podendo chegar a sete metros de altura como máximo. Esta herba é nativa dos Andes setentrionais, aínda que no resto de lugares onde habita é coñecida como unha especie invasora nociva, como por exemplo en California, onde foi probablemente introducida como unha atractiva planta ornamental. Todos os individuos son femininos. Reprodúcese por apomixia, na cal os embrións se converten sen fertilización. As follas cortan como coitelos e a inflorescencia é grande e rechamante. Éstas son rosadas ou purpúreas cando son novas e co tempo vanse volvendo brancas.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Cada planta produce millóns de sementes por ano que se dispersan de xeito doado por varios métodos, incluíndo o vento, a auga, e a través do chan. A planta medra ben nas condicións proporcionadas polas costas frescas e húmidas, como por exemplo ocorre en California.

Cortaderia jubata como especie invasora[editar | editar a fonte]

Ao igual que a herba da pampa, Cortaderia jubata é fóra dos Andes unha especie invasora que compite coa vexetación nativa, interfere coa paisaxe natural de ecosistemas únicos, e produce grandes cantidades de follaxe seco que poden dar lugar a incendios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]