Cooperativa do Val

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°33′31.30″N 8°12′33.13″O / 43.5586944, -8.2092028

Cooperativa do Val
Santa maria do val sociedade cooperativa galega.jpg
Cooperativa do Val
TipoCooperativa
Fundación1973
MatrizCooperativas de O Val, Sociedade Cooperativa Galega
LocalizaciónVilacornelle, s/n. (Estrada C116 - Km 5,5) O Val - 15541 Narón (A Coruña) Galicia Galiza
IndustriaAlimentación
ProdutosProdución agrícola, servizos, banca
Páxina webcooperativaoval.com

Cooperativa do Val (Sociedade Cooperativa Galega) é un grupo cooperativo en servizos para os socios e clientes. Baseado en produción de produtos de horta.

Historia[editar | editar a fonte]

Nos seus inicios, uns anos antes do fin da ditadura franquista e inicio da democracia, un grupo de sesenta persoas que co tempo convertéronse en cen medrando nun plan de cooperación colectivo, aberto ao progreso e ao desenvolvemento social e económico. Ese medrar en Narón estendeuse á comarca e co tempo a toda Galiza, onde vende os seus produtos e servizos.[Cómpre referencia]

Os inicios da Cooperativa do Val están na desaparecida cooperativa de Castro. Situación que xera desconfianza entre os labregos o que aínda fai más difícil os seus inicios. A consolidación da cooperativa ven do conflito do leite. Na maior parte das familias os ingresos pola venda do leite eran a base da súa economía, as ameazas de deixar de recollelo, a pelexa con Leyma para acadar un acordo xusto durou ata o ano 1993. Sector o leiteiro xa desaparecido da economía da zona, situación que xa se vía vir ante a imposibilidade de competir ca cota láctea e o pequeno tamaño das explotacións.[Cómpre referencia]

En 1975 créase a sección de crédito. Nos seus inicios con 600.000 pesetas e xa en 2012 supera os 18 millóns de euros. Sendo a sección que máis beneficios achega á cooperativa. O 75% dos cartos son depósitos dos veciños do Val.

No ano 1995 ponse en marcha a sección de horta, esta sección está formada por máis de 40 familias que producen tomates, pementos (pemento do Couto), acelgas, leitugas, patacas e outros produtos da horta cunhas vendas dun millón de euros.

No ano 2000 prodúcese a integración ca Cooperativa de Serantes (Ferrol).

A fundación Terra de Trasancos foi creada pola lei que obriga ás cooperativas a reinvestir parte dos beneficios en servizos sociais no 2002, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños, sobre todo a persoas maiores e aos nenos.

Seccións[editar | editar a fonte]

Fogar de Maiores, obra social.
  • O Val
    • Sección de Crédito
    • Sección de Horta
    • Sección de Agrotenda
    • Sección de Supermercado
    • Sección de Maquinaria
    • Sección de Viveiro de hortícolas
    • Sección de Seguros
    • Departamento de Compras
    • Departamento de Contabilidade
    • Departamento de Control
  • Serantes - Xoane
    • Sección de Crédito
    • Sección de Supermercado
    • Sección de Agrotenda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]