Conversa usuario:Zarmot Flaggown

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Zarmot Flaggown!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 21 de marzo de 2016 ás 11:08 (UTC)[responder]

Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, por favor non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Segue as ligazóns indicadas nos mesmos para obter máis información sobre as cuestións anotadas en cada marcador e cómo solucionalas e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. Banjo tell me 21 de marzo de 2016 ás 11:08 (UTC)[responder]

Por favor, non retire os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Teña en conta que unha reiteración neste comportamento considérase prexudicial para o funcionamento da wiki e pode dar lugar a que se lle aplique un bloqueo. Banjo tell me 21 de marzo de 2016 ás 11:22 (UTC)[responder]

Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, por favor non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Segue as ligazóns indicadas nos mesmos para obter máis información sobre as cuestións anotadas en cada marcador e cómo solucionalas e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. Banjo tell me 17 de abril de 2016 ás 20:40 (UTC)[responder]

Por favor, non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes sen dar un motivo fundamentado para a devandita eliminación no resumo de edición ou na páxina de conversa do artigo. Semella que a edición que fixeches non foi construtiva e alguén a reverteu. Por favor, usa a zona de probas se o que queres é experimentar con edicións de proba. Grazas. Banjo tell me 18 de abril de 2016 ás 16:56 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Zarmot Flaggown. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 11 de maio de 2016 ás 22:09 (UTC)[responder]

Traducións automáticas[editar a fonte]

Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. Banjo tell me 11 de maio de 2016 ás 22:09 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Zarmot Flaggown.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de marzo de 2018 ás 17:26 (UTC)[responder]

Supernatural[editar a fonte]

Ola, Zarmot Flaggown. Ao non haber versión en galego da serie Supernatural, os nomes dos personaxes, capítulos etc deben manterse na lingua orixinal, neste caso inglés. É por iso que o nome do personaxe debe ser Archangel Gabriel. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de abril de 2018 ás 14:22 (UTC)[responder]