Conversa usuario:Xelo2004/arquivo 3

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Googlemania[editar a fonte]

Gracias, Xelo. Simplesmente, polo momento non sinto necesidade.--Agremon(contacto) 22:13, 1 Abr 2005 (UTC)

Arianismo e Ario[editar a fonte]

Eu non son lingüísta, simplemente consultei os dicionarios galegos e efectivamente figura arianismo, en consonancia coas demais linguas europeas (agás o castelán e creo que o italiano), parece que o seu nome era Arius, ás veces escrito coa variante Arrius (pero pronunciada como Arius), e foi a variante con dous rr a que pasou ao castelán, a min dáme o mesmo, pero creo que hai que empregar as formas normativas, gusten ou non (como en castelán, empregamos as formas normativas e non nos preguntamos se nos gustan ou non, iso queda para os lingüístas).--Rocastelo 21:22, 2 Abr 2005 (UTC)

Acabo de ver as túas mensaxes. Creo que habería que debatir na comunidade o uso preciso dese correo. As posibilidades que tí puxeches nalgunhas das intervención parecenme ben: difusión, prensa, pedir autorizacións para reproducir imaxes (como as de satélite de Baleira),... Pero o que hai que definir dun xeito preciso tanto que se fai co correo enviado como recibido. Penso que para o correo que se envie desde aí é moito máis fácil, realmente non van ser moitos mensaxes e a priori parece claro. Pero estou seguro de que en canto se publique un enderezo de contacto na web aparecerán mensaxes de todo tipo, e non estamos como para estar pendentes de respostar a calquera cousa. Polo tanto, haberá que valorar o nivel de difusión que se lle de á conta e que correo do recibido se toma en serio. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:49, 2 Abr 2005 (UTC)

Comparto as ideas de Prevert. en canto á xestión, Coido que fixeches ben en pasarlle a el os datos correspondentes.--Agremon(contacto) 22:43, 2 Abr 2005 (UTC)

Parroquias de Ribadeo[editar a fonte]

Estaba a facer unha pequena revisión a Ribadeo, pároa uns días, aproveitando que estarei fora de martes a martes, e mentras artellas ti as parroquias. Vale?--Agremon(contacto) 22:43, 2 Abr 2005 (UTC)

Feito, Xelo. Ata a outra semana.--Agremon(contacto) 20:57, 3 Abr 2005 (UTC)

===Dende logo, foi unha sorpresa=== o traballo que levas feito con Ribadeo. Creo que se podería poñer como artigo modelo ou algo así.

Eu xa voltei fai uns días, pero non me vexo nin facendo a media hora diaria que tiña pensado seguir adicando á Galipedia.

En canto ó que dis do buzón a Prevert, sabes que estou de acordo, e 'non é máis que crealo e mantelo :)'...--Agremon(contacto) 09:14, 30 Abr 2005 (UTC)

Páxina de Usuario de Xavier[editar a fonte]

Ola¡ Xelo, son XAVIER(talk) . Xa fixen a miña páxina de usuario. Se non a fixen antes foi por problemas de tempo ademais de ser un pouco pailan dixital con esto da Galipedia. Saúdos. 23:00, 4 de abril(UTC)

En progreso[editar a fonte]

Moitas grazas pola corrección. Evidentemente había un erro na data, supoño que haberá máis... con tanto número, algún se me terá que ter colado. O que non entendo ben é o de "en progreso". Queres que o poña no asunto da edición ou hai algún recadriño (que técnico que son :P) específico para os artigos que necesitan máis info? Veña, agradezo as suxerencias, que nisto da edición de páxinas non controlo moito. Un amigo: Xaguar 22:47, 6 Abr 2005 (UTC)

  • Eu sabía que era con chaves, pero só lle puña unha. Sigo aprendendo. Graciñas. Xaguar 23:01, 6 Abr 2005 (UTC)


Fraileciño[editar a fonte]

É claramente un castelanismo, en galego non ten base ningunha (é freire non fraile). Popularmente tamén se di gallego, non galego, e non por iso o imos aceptar como forma correcta, e na aldea dos meus pais din muela, pero a xeración da miña avoa dicía moa. Eu cando comecei a falar en galego fixábame moito como falaban os maiores, e non hai comparación, en estrutura, frases feitas, léxico, o galego da nosa xeración é moi pobre. Xa é hora de que poñamos de pé o carro.--Rocastelo 08:53, 10 Abr 2005 (UTC)


En branco[editar a fonte]

Xa está corrxido, era que en branco estaba separado na caixa Concello info en lugar de ir xunto enbranco, por iso non se amosaba o dato. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:59, 10 Abr 2005 (UTC)


No texto da carta ao sigpac-feganet "que nos abalan Google como Yahoo" supoño que quererás dicir "avalan". Saúdos

--Sobreira 21:51, 24 Abr 2005 (UTC)

  • Ola again. Como fago ese resume-arquivo de discusións vellas para non ter un churro tan longo? Con mover? Se é así, con que nome se adoita facer? (supoño que NomePáxinaDiscusión/Arquivo1

--Sobreira 15:30, 25 Abr 2005 (UTC)

Xa eliminei o artigo parecía cousa de vandalismo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:37, 25 Abr 2005 (UTC)

Eu pensaba recuperar agrupados varios temas na taberna que foron quedando esquecidos, pero estes días non teño moito tempo para facelo, terán que pasar algúns días máis. Supoño que como o artigo 5000 está moi cerca do 4000 non haberá que darlle moita publicidade, haberá que prepararse para o artigo 10.000 . De todos os xeitos creo que se pode usar o buzón como fixeches tí ata agora. Con respecto a Ribadeo supoño que lle gustará o resultado a Agremon, como outras veces fixeches un bo traballo (eu aprecio sempre os mapas que fas entre outras cousas). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:01, 25 Abr 2005 (UTC)

Ribadeo, Ribadeo[editar a fonte]

Xelo, outra vez felicidades. Entendo que xa remataches con Ribadeo, Ribadeo, polo que farei algunhas mínimas correccións.--Agremon(contacto) 06:59, 6 maio 2005 (UTC)

¿Que fotos te gustaría? Temo encher demasiado de foto.--Agremon(contacto) 19:00, 8 maio 2005 (UTC)

Sobre o da foto, é o revés: comprimina ó 5%. usarei outra compresión. Unha aperta.--Agremon(contacto) 05:48, 13 maio 2005 (UTC)

Sobreira 18:26, 26 Abr 2005 (UTC)[editar a fonte]

Graciñas polo arquivo de historicos na discusion.

Outro wiki[editar a fonte]

Iso non ten nada que ver con nós. Calquera pode usar o software MediaWiki e montar o sistema que queira, pero unha cousa é a wikipedia galega e outra as inciativas particulares. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:08, 7 maio 2005 (UTC)


En realidade moitas obras de referencia non lle poñen acento aos personaxes medievais por entón non existir o til gráfico, pero o común é modificarmos a ortografía medival e antiga, tanto no galego, castelán, portugués, inglés... Ás veces hai tradición de indicala ou outras non (quen sabe que Quevedo tiña orixinalmente o apelido Quebedo)--Rocastelo 20:14, 7 maio 2005 (UTC)

hierarquia[editar a fonte]

Ola, gracias polas correccions. Fica-me a dúvida de se non é válido o termo hierarquía. Nos meus tempos este era o correcto, ademais encaixa etimolóxicamente.--Xosel 19:35, 9 maio 2005 (UTC)


Grazas pola benvida. De momento aínda estou un pouco perdido nisto. Con respecto ás colaboracións dicir que xa tiña mandado dous ou tres artigos como invitado (sen rexistrarme). Saúdos. Xosé Antón


Concha Blanco[editar a fonte]

Desde logo queda mellor como o deixaches ti, antes estaba un pouco orfo.--Rocastelo 17:12, 15 maio 2005 (UTC)


Wikisource[editar a fonte]

Na wikisource deposítanse textos orixinais (ou traducidos) (poden ser libros, folletos) documentos (literarios, políticos, relixiosos, históricos..), leis e códigos..., por suposto mentres sexa de dominio público. (Wikilibros son manuais feitos polos propios wikipedistas na maior parte dos casos). Ata o de agora Wikisource tiña un só dominio para todas as linguas, pero nunha votación recente decidiuse dividilo por linguas como a maioría dos outros proxectos da fundación wikimedia. Para apoiar a creación dunha wisource en galego tes que ir a esta páxina [1] e asinar onde se pide a creación dun dominio galego, non sei exactamente o proceso para a aprobación das diferentes wikisources, pero canta máis xente apoie o proxecto máis posibilidades hai que aproben a Wikisource. En canto ao nome cando se aprobe e haxa comunidade poderá debaterse un novo nome máis acaido ao galego.--Rocastelo 18:11, 15 maio 2005 (UTC)

  • O teu voto en wikisource non foi válido por asinar antes de te rexitrar, tes que volver a asinar para que sexa válido.--Rocastelo 18:47, 15 maio 2005 (UTC)

Sabes algo do sig pac?--Agremon(contacto) 21:20, 16 maio 2005 (UTC)

Non me costa traballo intentalo, pero creo que débese levar por un só.

Sobre as fotos das parroquias, vou comezando.--Agremon(contacto) 10:40, 17 maio 2005 (UTC)

Andaba pensando neso mesmo, incluso en facer un modelo de caixa de información para as parroquias, pero aínda non o teño claro del todo. Estou completamente de acordo en que sirva como modelo sobre como se deben traballar os artigos dos concellos. Tamén ando a darlle voltas a algún xeito de sacarlle partido ás coordenadas como en Ardebil, fáltame tempo para facer as comprobacións e vai para largo. Con respecto ao SIGPAC volvín a lembrarlle a persona que che comentei o tema, e parece que se esquecera de facer a consulta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:58, 17 maio 2005 (UTC)

Saúdos. --Prevert(talk) 16:45, 17 maio 2005 (UTC)

Boas vindas[editar a fonte]

Obrigado :) Vou editar a minha página, conforme sugeristes. Bom trabalho! Nuno Tavares 21:07, 18 maio 2005 (UTC)

  • Desculpa, entendín mal. Fagoche agora un par deles e despois marcho. De onde queres de Abadín ou de Alfoz?. Saúdos. --Prevert(talk) 23:56, 21 maio 2005 (UTC)

Lic. As Catedrais[editar a fonte]

Traducindo pataca[editar a fonte]

Saúdos Xelo2004, o artigo pataca estouno traducindo da páxina en es. o que pasa e que non sabía moi ben como tiña que facelo, e pareime para preguntar na taberna antes de continuar e lixalo todo. A miña intención e traducir unicamente, se cadra debía importar todo o artigo e ir traducindo pero como non sabía como facelo, pareceume mellor preguntar. Non coñezo moi ben a política pero non teño ningún problema en que outros usuarios colaboren na traducción da pataca. (galicia.eapuntes.com) non é unha enciclopedia, nen quere selo. Só quere ser un punto de encontro (dépósito e fonte de cultura popular non enciclopedica nen académica). Hai (ou había) outros saberes ademáis do científico.Rañolas(talk) 09:57, 26 maio 2005 (UTC)

Un bico.

Olá, Xelo[editar a fonte]

(Escrevo em português, minha língua nativa, pois sou brasileiro) Que tudo esteja bem contigo e com os teus familiares.
Após três meses, voltei a colaborar com a Galipedia. Incluí hoje (28 de maio) dois textos sobre estados brasileiros: Ceará, e Rio Grande do Sul. Também te enviei um e-mail (para o e-mail xelo2003), assim como para o Prevert, o Agremon e o Alyssalover, amigos com os quais já troquei mensagem aqui na Galipedia. Um grande abraço, Joao Xavier 19:50, 28 maio 2005 (UTC)


Páxina de usuario[editar a fonte]

Saúdos Xelo2004: aínda non teño claro ata ónde podo axudar pero seguirei o teu consello e verei outras páxinas de usuario para vos ir coñecendo, máis saber como teño que facer a miña. Sen embargo antes gústaríame ter máis coñecemento do medio, para ver en que medida as miñas capacidades, e as miñas aptitudes, poden servir de axuda.

Un bicoRañolas(talk) 15:13, 31 maio 2005 (UTC)


Hola amig@, (se mo permites):

De momento aínda teño que perder un pouco do medo que me asalta, e ademáis o tempo de que dispoño é limitado; seguirei os teus e outros consellos, preguntarei o que non saiba, e andarei paseniño. Gracias por estar aquí. ¡Ah!. Por certo (e con bo humor) eu si que vou seguir andando con bicos pois non me preocupa que alguén pense que son doutra beirarrúa.

Un bicoRañolas(talk) 10:19, 1 Xuñ 2005 (UTC)

Ja soc aquí !!![editar a fonte]

Como dixo Josep Tarradellas cando volveu do exilio Ja soc aquí !!!. Non puden colaborar nestes últimos días pero seguín "vixiando". Tes razón que queda moito por facer, a ver se pouco a pouco imos completando o que falta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:47, 9 Xuñ 2005 (UTC)

Hola compañeiro.

Xa sei que bromeabas co tema dos bicos, eu tamén. ¿Pero como estás seguro de que falas cunha compañeira e non cun compañeiro?. Haiche de todo na viña do señor. Na variedade está o gusto. Moitos bicos Anxo. Rañolas(talk) 15:23, 13 Xuñ 2005 (UTC)

  • Eu non digo o contrario, nen o mesmo. Pareceme que non resulta demasiado importante esclarece-la dúbida. Seguro que podes vivir con ela.

Bicos. Rañolas(talk) 15:06, 14 Xuñ 2005 (UTC)

  • Creo que fai falla un pouquiño de humor neste universo wikipedista. Ti amosas ter bastante. Agrádame. Vémonos por aquí.

(Insisto). Bicos. Rañolas(talk) 14:32, 15 Xuñ 2005 (UTC)

Sharon Stone[editar a fonte]

Como sempre bo traballo Xelo2004. Saúdos. --Prevert(talk) 23:35, 25 Xuñ 2005 (UTC)

  • Aínda temos que mellorar moito, aumentamos en número de artigos pero temos moitos deles marcados como en progreso. Estou impaciente por ver o que tes preparado para o artigo 2006. Por certo, Sharon Stone parece que fixo hai pouco unha segunda parte de "O Tinto é Basico". Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:49, 25 Xuñ 2005 (UTC)
  • Certo, acabo de mirar varias wikis e na Historia de Andorra a nosa é a máis completa. Felicitacións. A ver se conseguimos completar no verán alo menos unha parte dos artigos que temos a medias. Como Ribadeo debíamos ter todos os concellos galegos :-) lástima que sexa tanto traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:10, 26 Xuñ 2005 (UTC)
  • Si que hai moitas cousas incompletas pero eu non esperaba que acadásemos a cantidade de artigos que temos agora tan rápido. Hai moitos bos, aínda que haxa outros moitos só como esbozo. Quizais teñamos uns 4.500 cun contido aceptable. A realidade é que é moi difícil manter unha liña de mellora continua. De todos os xeitos hai moita xente colaborando. O óptimo sería ter 10.000 artigos de calidade (iso pode supor -a ollo- entre 13.000 e 15.000 artigos en total), ao mellor no 2006 conseguimolo. Saúdos. --Prevert(talk) 00:32, 26 Xuñ 2005 (UTC)
  • Neste momento está dando erros continuos. Non sabía o de Google, non obstante creo que as cousas van mellor que hai uns meses cando os problemas eran abraiantes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:02, 26 Xuñ 2005 (UTC)
  • Iso sí que é mellorar un artigo!!. Sobre Google Earth xa vira algo en http://www.escolar.net que o mesmo de informativos Telecinco, en canto teña tempo tentarei probalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:14, 28 Xuñ 2005 (UTC)
  • Se comezas con Tycho Brahe seguro que se "ilumina" o ceo da Galipedia, bueno por agora vou ir poñendo unha imaxe de Tycho das que hai en commons. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:46, 30 Xuñ 2005 (UTC)

Tycho Brahe e outros[editar a fonte]

Parece que son as mesmas imaxes as que hai no programa que en http://maps.google.com , a mellora din que está na navegación que e moito máis sinxela. En canto ás imaxes hai algunhas zonas que están mellor cubertas que outras (por exemplo: EE UU). Sobre a SGAE non creo que teña nada que facer aquí, os materias que se publican nos teñen dereitos e se descubre algo que os ten enseguida se borra. Por outra parte o que van conseguir e que todo o mundo se convirta en creador de contidos (http://www.filmica.com/david_bravo/archivos/001788.html , http://ipunkforos.com/viewtopic.php?t=59479) En canto a Tycho Brahe veña con él, eu disfrutarei lendo o resultado. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:49, 1 Xul 2005 (UTC)

Parece que borrar funciona, volve a intentalo e se non vai dimo. Está mañan de sábado semella que comezou complicada na Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:36, 2 Xul 2005 (UTC)

Sigo sen terte localizado co da imprenta...--Agremon(contacto) 4 xullo 2005 20:30 (UTC)

Proxecto5000[editar a fonte]

  • Tiña pensado na semana que ven (hacia finais de semana) crear o Wikipedia:Wikiproxecto Proxecto5000 onde se detallen as características do proxecto e expoñer un documento de traballo (e debate) sobre como realizalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 8 xullo 2005 14:51 (UTC)
  • Precisamente onte estaba pensando no tema das imaxes do Sigpac e que podíamos facer. Vista a resposta haberá que esperar. Con respecto ao Proxecto5000 estou pensando algunhas solucións técnicas, contigo xa somos catro para sacalo adiante. Sobre Tycho Brahe xa notei a túa man no artigo, fai o que podas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:36, 10 xullo 2005 (UTC)

Gracias por la bienvenida, Xelo. Ya he seguido tus consejos. Un saludo, y espero que nos veremos un poco más seguido por aquí. Taragui 13:29, xullo 21, 2005 (UTC)

Ola, xelo. estiven onte por Lugo e aproveitei para sacar unhas fotos. algunha xa a subín, pero para situalas en Lugo é necesario extender o artigo. Anímaste? Eu seguirei cargando algunha, todas rematadas en 'Lugo'.

Por certo, estiven para facerte unha visita ó traballo, pero como poderás observar polas fotos, andaba polo centro, e decidín non darte a sorpresa por falta de tempo.--Agremon(contacto) 17:17, 22 xullo 2005 (UTC)

A idea das imaxes é completar a información dos concellos ou de calquera lugar de Galicia, en principio para cargar na Galipedia. Non o puxen en portada por agora para ver comno funcionaba o tema. Por utra parte xa vin os enlaces que me deixaches na páxina, en canto á Galipedia parece que o asunto comeza a funcionar aparecen enlaces a algúns artigos, por exemplo La voz de Galicia enlaza con Castro de Elviña. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:13, 24 xullo 2005 (UTC)

Consulta unha mensaxe de correo que che enviei e dime a túa opinión. Saúdos. --Prevert(talk) 16:09, 1 agosto 2005 (UTC)

  • Xa lin os correos, creo que estamos de acordo en todo. Envieche máis correos explicando algunhas partes que comentabas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:45, 1 agosto 2005 (UTC)
  • Na última mensaxe creo que non me expliquei suficientemente ben. Envío unha nova aclaración. Saúdos. --Prevert(talk) 19:01, 1 agosto 2005 (UTC)
  • Grazas, procurarei facelo o mellor posible.--Rocastelo 19:56, 1 agosto 2005 (UTC)

Quen puxo a mensaxe é francesa e membro da fundación Wikimedia, non creo que fora a súa intención menosprezar o noso proxecto, deberiamos dicirlle que Wikipedia é o proxecto xeral do que a Galipedia forma parte, só que a nosa comunidade deicidiu darlle un nome diferente--Rocastelo 10:45, 15 agosto 2005 (UTC)


  • Ese artigo nunca existiu na Galipedia. Xa llo dixen a Dmvm pero parece que non se convence porque lle deixo unha mensaxe na páxina de usuario (vandalismo) a IvanPerez. Saúdos. --Prevert(talk) 21:31, 15 agosto 2005 (UTC)
  • Correo lido e enviada resposta. Saúdos. --Prevert(talk) 22:22, 15 agosto 2005 (UTC)
  • Xelo, a verdade é que me puxen a corrixir a lingua e non me fixei moito nos contidos -só miraba que a sintaxe fose coherente-. Fixeche un artigo impresionante, e calquera se perde, mais se alguén quere saber moito das orixes mexicanas, no artigo vai ter un pouco de entretemento. Tranquilo, no outro non me meto, que xa sei que está en uso, e neste pedías revisións (e aínda necesita un bo repaso sintáctico). En definitiva, bo traballo o teu. Saúdos.--Xoán Carlos Fraga 23:21, 2 setembro 2005 (UTC)


no es por iniciar una nueva discusion pero... :P[editar a fonte]

creo que haveis notado que cuando agregamos algo a un articulo que otro escribio siempre procuramos no eliminar nunca nada de lo que el otro escribio, creo que es una norma etica que debieramos guardar todos ( bueno esa seria una norma en una wiki hecha por nosotros) jejee.

no es por discutir, pero bueno lo comento por que me acaba de nacer decirlo, excusen que seamos tan exigentes


--[[User:DGDIC| DGDIC [[User Talk:DGDIC |(Cha Valté Keli Dacier Dago Jafade Etcá)]]]] 02:18, 3 decembro 2005 (UTC)