Conversa usuario:Willy~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Willy!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 08:04, 11 outubro 2009 (UTC)

Edición[editar a fonte]

Ola, Willy. Benvido á Galipedia. Ten en conta que ao editares, cómpre que teñas presente que é necesario engadir interwikis, categorizar, pór ligazón internas e sobre todo seguir un formato común a todos os artigos, que consiste nun cabezallo introdutorio máis nha serie de apartados segundo a extensión e variedade do artigo. Pediríache tamén que non comeces con novos artigos até que teñas axeitado minimamente os que xa creaches. Non se trata de meter un bloque de contidos senón de pór o que un sabe ou leu (con referencias) e deixalo listo para que outros editores poidan entendelo e, se queren, continualo. Se tes dúbidas, contacta comigo ou con calquera outro dos que andamos habitualmente por aquí. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:08, 11 outubro 2009 (UTC)


Benvido Willy ! Para o artigo que ves de crear Castro (automóbil) podese decir ó que xa te comentou Atobar onte, por eso puxen un marcador en espera que aprendas máis e non para ofenderte.Penso que seria unha boa cousa que comeces contribuindo mellorando un pouco outros artigos para darte conta de como se fan as cousas. Tamén veño de ver que para deixarlle un mensaxe a Atobar, borraches o mensaxe doutro usuario. Realmente penso que tes que antes de crear artigos tes que acostumarte as regras de edición da Galipedia e leer un pouco as ligazóns que tes na caixa de benvido, arriba desta páxina. Sempre resulta dificil meterse en cousa nova, pero si te animás de seguro que pronto estarás máis a gusto. Conto con ti para revisar o dito artigo. E xa sa sabes podes contar coa axuda dos outros usuarios, sexa na páxina de conversa dos usuarios, sexa na páxina de conversa do artigo. Tamén podes ir dar unha volta a Taberna na sección axuda. Saúdos Elvire 09:27, 12 outubro 2009 (UTC)

Castro (automóbil) quédache corrixido para que teñas con que guiarte á hora de arranxar outros artigos similares. Bótalle unha ollada aos cambios premendo aquí. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:15, 13 outubro 2009 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:46 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)