Conversa usuario:WikiFroebel2013

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, WikiFroebel2013!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2013 ás 13:59 (UTC)[responder]

Andantino[editar a fonte]

Boas tardes. A usuaria Laura do teu proxecto vén de crear un artigo (Andantino) que non é só unha definición, cousa que non se admite na Galipedia, senón que aínda por riba é un copia-pega do Dicionario da DRAG, o que implica unha violación clara dos dereitos de autor. Non abonda con marcar o artigo cun "en uso" senón que non me parece forma de comezar. Non borro o artigo porque é bo para galipedia as colaboracións dos centros de ensino coma o Froebel, pero insiste nos teus alumnos no respecto dos procedementos e dos principios de edición. Grazas e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 20 de febreiro de 2013 ás 19:04 (UTC)[responder]

Ligazóns interlingüísticas[editar a fonte]

Boas WikiFroebel2013!! Antes de nada darvos a benvida a todos e agradecer as vosas achegas no eido musical. Cando creedes un novo artigo tendes que lembrar que debedes poñer as ligazóns interlingüísticas do mesmo xeito que fixen no artigo de partitura para que quen quera poda visitar outras wikis e consultar ese artigo noutras linguas para poder ampliar información se é o caso. Supoño que pouco a pouco iredes ampliando os contidos das páxinas que ides creando, lembrade que o marcador "en uso" só pode estar durante un mes se non facedes modificacións no artigo. Unha aperta e a seguir!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2013 ás 16:18 (UTC)[responder]

Veño para te dicir que, efectivamente, engadindo a ligazón en galego no Wikidata, engádese automaticamente nas outras wikipedias. Poida que Piquito aínda non o saiba porque é un método novo, implantado hai só uns días. Voullo dicir. Aproveito para agradecer o feito de que deas a coñecer esta ferramenta aos teus alumnos. Un saúdo! --Toliño Fala aquí comigo 14 de marzo de 2013 ás 19:55 (UTC)[responder]