Conversa usuario:Vifito
Benvido(a) á Galipedia, Vifito!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 13 de abril de 2016 ás 21:03 (UTC)
castros[editar a fonte]
Ola, Vifito; grazas polas túas achegas. Vou mover a información que creaches en castros de Lalín a cadansúa parroquia (por exemplo, no artigo de Galegos, Lalín, metín os datos sobre o castro de Galegos). O que si se pode facer é incluír a información no artigo castros da provincia de Pontevedra, que é unha listaxe non exhaustiva.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de xuño de 2017 ás 14:48 (UTC)
Ola, Estevo: dispoño de máis información sobre os castros que irei subindo cando o tempo mo permita. Un saúdo e graciñas —o anterior comentario sen asinar foi feito por Vifito (conversa • contribucións) 22 de xuño de 2017 ás 22:21