Conversa usuario:Valegonrob

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Valegonrob!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola, Roberto; Benvido á galipedia.

As túas edicións no artigo de Skacha foron borradas porque non se axeitaban ao contido dunha enciclopedia: máis que un artigo sobre a historia ou o estilo do grupo, parecía unha narración para outro contexto. Vou intentar adaptar o texto seguindo o formato wiki, a ver se queda un bo artigo.

Precisamente estiven o sábado no concerto de Pontevedra; tireilles unha foto co móbil, pero aínda non a descarguei; a ver se queda ben.

Un saúdo; anímote a seguir colaborando nese e noutros artigos, e para calquera dúbida non teñas medo de preguntarlle a calquera usuari@ou administrador.

--Estevo(aei)pa o que queiras... 11:30, 16 febreiro 2010 (UTC)

Ola, Roberto; Rematei (no bo sentido :) ) co artigo de Skacha; bótalle un ollo e fai as correccións que consideres oportunas, penso que a redacción quedou correctiña, mantendo os aspectos "enciclopédicos" da historia da banda e retirando aqueles máis intrascendentes ou mesmo irrelevantes. Outra cousa; cando deixes unha mensaxe na páxina de conversa dun usuario, non esquezas asinala usando o cuarto botón empezando pola dereita que tes enriba do texto que estás a editar.

Ánimo, e ata outra. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:17, 16 febreiro 2010 (UTC)

Ola! Vexo que xa se solucionou o tema. Vou explica-la miña actuación: a túa edición eliminaba o artigo preexistente, para engadir un artigo que na miña opinión non se axustaba á neutralidade, porque deseguida vin que estaba feito por alguén achegado á banda ou da propia banda (algo que non se pode facer por ir contra as normas da neutralidade e verificabilidade que ten a Wikipedia, ademais de presentar un conflito de intereses). Por iso decidinme a reverte-la edición, independentemente do contido engadido. Espero que se comprenda a miña actuación. Non é nada persoal, senón que tiven que aplica-las normas que rexen ó conxunto das Wikipedias. Un saúdo. Ahh, e non esquezas asina-las mensaxes, para que poda responder. Agora si, saúdos. --Alberte Si, dígame? 16:39, 16 febreiro 2010 (UTC)