Conversa usuario:Thknny
Benvido(a) á Galipedia, Thknny!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo., --Elisardojm (conversa) 08:47, 9 de febreiro de 2012 (UTC)
Reguetón ou reggaeton
[editar a fonte]Boas, antes de seguir cambiando reguetón por reggaeton, e outros ó revés, penso que sería bó debatilo e atopar unha solución entre todos. Se podes bótalle unha ollada á conversa do artigo reguetón que é onde se está a tratar este tema. Saudos, --Elisardojm (conversa) 08:47, 9 de febreiro de 2012 (UTC)
- Non sigas cambiando os reguetón por reggaeton[1]. Van numerosos avisos, algunhas concesións, man esquerda e explicacións, de modo que respecta o criterio dos primeiros editores. O teu modo de edición está a se converter nunha teima. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:39, 20 de febreiro de 2012 (UTC)
- Por enésima vez obvias os avisos teimas en non respectar as outras opcións válidas[2]. Déixao xa, cómpre respectar as escollas e orde doutros editores. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:27, 26 de febreiro de 2012 (UTC)