Conversa usuario:Sobreira/arquivo2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
  • Feito, agora xa tes un arquivo de historicos, votalle unha ollada, pois coido aun hai mensaxes de hoxe por responder. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:45, 25 Abr 2005 (UTC)


Ola![editar a fonte]

Nada, parecerache unha parvada, pero eu tamén estudo en Vigo e tamén Filoloxía Galega, comezei fai pouquiño (no da wikipedia, na carreira vou en segundo) pero xa lle collín o gustiño a isto da wikipidia, bueno pois iso, só saúdar e ir coñecendo os compañeiros de eiquí! :D

--O TeRMi 04:08, 2 xaneiro 2006 (UTC)

efemérides[editar a fonte]

Grazas por botarme unha man ca categorizazón deses artigos ;) --Alyssalover(fálame) 11:15, 30 Abr 2005 (UTC)

Galego[editar a fonte]

Ola Sobreira, queríache preguntar sobre algo que aparece no artigo Galego, concretamente o parágrafo Como dado de interese, o 2004 iniciouse a celebración conxunta e continuada de actividades en defensa da lingua do 17 de maio (día das Letras Galegas en honra a Rosalía de Castro) ó 10 de xuño (día de Camões e das letras portuguesas)., sabes se foi certo e se tivo carácter oficial, ou foi unha celebración asociativa, (En todo caso o artigo galego actualmente é moi, moi pobre)gracias--Rocastelo 17:01, 9 maio 2005 (UTC)

  • Non te preocupes se non tes tempo agora, tan só quería validar a referencia, parece un engadido espúreo, ou organizado por algunha asociación, pero tal como está semella oficial, vouno borrar e se cando teñas tempo atopas certa a referencia vólvese poñer, saúdos e sorte cos exames.--Rocastelo 19:53, 13 maio 2005 (UTC)

Wikisource[editar a fonte]

Ola, sobreira. Le esta resposta sobre os votos para a Wikisource. Coido que sería aconsellable que te rexistrases nela e votases como membro. Un saúdo --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 21:36, 16 maio 2005 (UTC)

Wikipedia[editar a fonte]

Queria pedirche que tiveses máis coidado en seguir as políticas tanto da Galipedia como da wikipedia en xeral. En especial, no caso de homónimos (exemplo Acad, non pode estar clasificada á vez en informática e xeografía. Se é preciso créase a páxina correspondente pero me temo que neste caso a entrada sobre informática é erronéa fala de CAD e non de Acad. Non o correxín para non contrariarte como no caso Cairo), como nas abreviacións só están permitidas aquelas que sexan significativas (estilo ONU), se nón hai que redirixilas ao termo correspondente. Tamén non crear páxinas de fraseoloxía (non corresponden á wikipedia e no seu caso deberían ir no termo correspondente O tempo é ouro, no seu momento discutimolo e quedou pendente de arranxar). Con respecto a Lingua galega lembra que ti mesmo participaches nun debate no que acordamos que as redireccións fosen ao revés. Polo demáis, como sempre bo traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:11, 20 maio 2005 (UTC)

  • Son o primeiro que pensa que os artigos teñen que estar en categorías, pero a min preocúpame que o que fagamos sexa consistente e coherente. Aínda así a wikipedia inglesa non chega máis que ao 70% de categorización. Na miña opinión iso ten que estar complementado con axudas de navegación. Cando coloco as categorías procuro seguir todo o que temos decidido en común, a esencia da wikipedia está aí. Sei que máis sinxelo facelo doutro xeito, non obstante trátase de facer unha enciclopedia valiosa e útil.
Con respecto á categoría fraseoloxía permíteme dicirche que foi unha categoría que non se debatiu (foi creada por ti), non lin ainda o enlace que puxeches -prometo facelo-. Penso que o contido desas páxinas debe estar no termo que máis se lle achegue: O tempo é ouro en Tempo (sen categorizar en fraseoloxía).
Sobre os acrónimos o alcance exacto do que se permite ou non aínda está por debatir, é cuestión de partir da política da wikipedia inglesa e decidir o que aquí se permita. De todos os xeitos as redireccións solución o problema. A miña opinión -e só é a miña opinión- é que cando son reseñas curtas e moi concretas deberáin ir agrupadas en artigos de maior tamaño estilo Medios de comunicación de Galicia (o mesmo penso das editoriais galegas e artigos parecidos, pero insisto nesta caso só se trata da miña opinión). Hai unha idea que creo que engade moito máis valor a cada un dos artigos, é a de traballar en beneficio da comunidade. Iso ao final é o que fai que a Galipedia sexa útil. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:19, 20 maio 2005 (UTC)
  • En canto teña tempo traio á paxina (acrónimos) da wikipedia inglesa e discutimola. Sobre Cairo (O Cairo) xa contarás como evoluciona o asunto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:57, 20 maio 2005 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Estamos de noraboa chegamos ao 64% na clasificación de artigos en categorías, quizais podamos poñernos como meta acadar o 80% na seguinte estatística (en inglés chegaron ao 77%). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:14, 22 maio 2005 (UTC)

Setestrelo[editar a fonte]

Ola, queríache facer unha pregunta, setestrelo no artigo que fixeches é sinómino da constelación da Osa Maior, malia iso no dicionario Cumio aparece definida como Osa Maior, pero dá como sinónimo Boieiro (que é outra constelación), polo que estou feito un lío, dáselle ese nome ás dúas constelacións?, ou é unha errata do dicionario, saúdos.--Rocastelo 16:39, 23 maio 2005 (UTC)

  • Segundo se desprende para a constelación de Boieiro hai ademais os nomes de Auriga, Cocheiro e Bootes (ou Boötes). Cal pensas ti que é o nome que deberiamos empregar para facer unha entrada, Bootes (ou Böotes) parece o que poderían empregar máis os especialistas, pero non creo que teña tradición noutros usos da escrita (será quizais Boieiro).--Rocastelo 17:46, 23 maio 2005 (UTC)

Continuación sobre as categorías[editar a fonte]

Non estou de acordo co procedemento que segues para crear categorías cando non foron postas en discusión. Podo estar de acordo coas categorías pero considero que se deben respectar os procedementos, aínda que ao facelo non haxa intervencións doutros usuarios. Só facendoo así se pode considerar que hai un acordo da comunidade (por pequena que sexa) con que clasificación vaia por un determinado camiño. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:20, 24 maio 2005 (UTC)

  • Todos queremos que isto avance rápido pero creo que é máis importante fortalecer a comunidade. E un proceso de toma de decisións compartido por todos. Non pretendo limitar o teu traballo non obstante penso que se somos poucos, evidentemente, algunhas cousas irán lentas. O feito de intentar implicar a máis colaboradores -tanto actuais como futuros- nos procesos de decisión , paréceme que a medio prazo pode permitir que isto avance. Por suposto, podo estar equivocado pero sempre prefiro as decisións tomadas en común, en caso contrario só teremos esforzos individuais e iso non é suficiente. Noutra orde de cousas quizais podamos facer unha adaptación do listado xeral de categorías das estatísticas para a páxina do índice xeral. Un cordial sáudo. --Prevert(talk) 11:42, 24 maio 2005 (UTC)

Template:Ola[editar a fonte]

Andiven un pouco afastado da Galipedia estes días, por iso non respodín antes a túa mensaxe. Na miña opinión poden usarse os dous modelos, aínda que eu creo que mentres sexa posible hai que intentar que as benvidas inclúan certa parte da mensaxe personalizada para cada novo usuario. Paréceme que dar a benvida só cun modelo resulta demasiado impersonal. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:05, 9 Xuñ 2005 (UTC)

Retorno á Galipedia[editar a fonte]

Como no título daquela serie británica Retorno a Brideshead alédome do Retorno de Sobreira e apéname que sexa por pouco tempo. De todos os xeitos benvido outra vez. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 6 xullo 2005 18:29 (UTC)


Heteroglotónimu[editar a fonte]

Hola, nun voi escribite en gallegu porque pa metete un cientu erros nun val la pena, y vamos entendenos de toes formes ;) Tuve pescanciando poles wikis artículos sobre l'asturianu y topé les dos páxines que ficiste de "auto / heteroglotónimo". Paeciome que yeren perinteresantes y como nun atopé más datos nel restu wikis fice una componenda coles dos na wiki n'ast. Si quies veles, l'enllaz ye http://ast.wikipedia.org/wiki/Heteroglot%C3%B3nimu y d'ehí pues tirar pal otru. Pos eso, munches gracies, y si quies comentame daqué pónesmelo en "discusión". --195.162.194.35 13:31, 3 agosto 2005 (UTC)


Opinion[editar a fonte]

yo crei que nuevo se decia novo en gallego, te lo pregunto por que segun veo y es mi parecer, tu lo que hicistes frente al uso de esa palabra que colocara nuestro amigo sumercé fue traducir pero de gallego a español. pois para nosotros novo es nuevo y nuevo es novo no se si sera que andamos errados.

--[[User:DGDIC| DGDIC (Cha Valte Deseigas Dacierourú Dago Pu Favote entrar Etcá a Dacierre) 20:48, 27 outubro 2005 (UTC)

Saúdos[editar a fonte]

Un pracer verte outra vez por aquí,.--Rocastelo(fálame aquí) 17:35, 9 novembro 2005 (UTC)

Benvido de novo[editar a fonte]

  • Ola Sobreira, alédome moitísimo de que esteas de volta. Despois de tanto tempo non sabía se ías volver, botámoste en falta durante todo ese tempo. Espero que poidas compaxinar os estudos con algunhas contribucións á Galipedia, aínda que non sexan tan numerosas coma as da primerira etapa. Xa viches que O Cairo está agora en Cairo como propoñías. Gustaríame ler o artigo que escríbiches sobre o tema, se tes tempo e queres podes enviarme unha copia polo enlace de correo do lateral esquerdo. Supoño que xa viches que avanzamos moito nos últimos tempos pero queda traballo dabondo pendente para chegar ao nivel que esta enciclopedia necesita. A túa volta é unha nova moi esperanzadora para acadar ese obxectivo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:52, 10 novembro 2005 (UTC)
  • Desculpa o retraso na resposta, a túa mensaxe quedou camuflada entre as outras. Para que o sistema funcione tes que ter inserido un enderezo de correo en Preferencias -> Información do usuario -> O seu correo-e* , dese xeito non hai que publicar os enderezos aquí e evitamos o spam. Por certo, lembrei que querías poñer enlaces a librarías para as procuras de ISBN's, a páxina é Wikipedia:Fontes dos libros. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:51, 1 decembro 2005 (UTC)

Linguas románicas[editar a fonte]

Ola. Sobreira. Estiven lendo un dos artigos que creaches: Linguas románicas. Paréceme moi interesante ese artigo e o de tipoloxía lingüística areal. Queríache propor 2 cousas.

1ª Agradeceríache que te estendeses un pouco máis no último parágrafo do artigo Linguas románicas, lino un montón de veces e resulta interesante, pero complicado de entender.

2ª Cun material que encontrei vou crear un manual en wikibooks sobre as linguas romances. Observo que ti sabes máis ca min dese tema, así que se queres refacer o que eu faga, borrar, engadir... por min encantado. Un cordial saúdo--Lmbuga 10:55, 5 xaneiro 2006 (UTC)

Licenza de imaxes de provincias[editar a fonte]

  • Xa que hoxe andas por aquí quería preguntarche que licenza teñen as imaxes que creaches das provincias. Se é a licenza {{GFDL}} ou outra. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:12, 22 marzo 2006 (UTC)
  • Vounas marcar entón como GFDL, e eu tamén me aledo de verte outra vez por aquí. Espero que todo che vaia ben nas novas ocupacións. Por certo, sempre me chamou a atención as licenzas de uso que teñen no Ramon Piñeiro, parece coma se non quixeran que ese material saíra de alí (refírome ao que está no dominio público). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:59, 22 marzo 2006 (UTC)
  • Só era un comentario, non queria comprometerte. Saúdos. --Prevert(talk) 19:11, 22 marzo 2006 (UTC)
  • Grazas polo saúdo, agardemos que non desaparezas tanto como o Guadiana.--Rocastelo(fálame aquí) 19:47, 22 marzo 2006 (UTC)== Figuras literarias ==

Ola. Tes razón, é máis coherente xuntar as figuras literarias en category:retórica. Agradézoche que comeces a facelo. Eu teño un mes un pouco liado, mais tamén hei botar unha man.

Vou revisar o que pon en Terminoloxía. Fareino sobre a media noite. Se tal, esténdome máis ou coméntocho para ver como melloralo. Saúdos. --Lmbuga 20:35, 22 marzo 2006 (UTC)

Tipos de usuarios[editar a fonte]

Na wikipedia existen diferentes tipos de usuarios, cada un cun permisos distintos o con algunhas características propias.

  • Os bot's son programas que permiten automatizar funcións repetitivas (deben ser marcados para non encher a lista de cambios recentes das súas entradas).
  • Os sysops son os administradores.
  • Os burócratas (bureaucrat) son administradores que ademais poden converter a outros usuarios en administradores.
  • Checkuser e un tipo de usuario novo que permite comprobar en certas circunstancias as IP's dos usuarios que fan as edicións, por exemplo: para evitar manipulacións nas votacións.
  • Steward é un usuario que hai en Meta para asistir a outras wikipedias, por exemplo para dar o status de bot ou para dar os permisos de administrador en wikipedias que non teñen burócratas.
  • Sobre Import aínda non vin ninguen que tivese eses permisos, sería para importar artigos doutro wiki directamente con historiais e todo.
  • Developer son os programadores de MediaWiki (o software da Wikipedia).
  • Boardvote ten que ver coas votacións para o Consello de administración da Fundación Wikimedia.

Aquí, aparte de usuarios non-rexistrados e rexistrados temos bot's, sysop's e bureaucrat's. Con respecto aos papas e preferible que as categorías, salvo no mantemento, vaian na propia páxina porque se se fai algún cambio de categoría no template non se actualiza automaticamente. Sobre os papas repetidos é algo provisorio no que está traballando Xelo2004, por iso pode haber algunha cousa que haxa que modificar ou borrar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:18, 2 abril 2006 (UTC)

  • Non se actualiza desde hai moito tempo, por iso, mediante Pendente categoría podemos evitar ese límite (e actualizar automaticamente). Sobre o tema dos bot's, non é moi complicado, e sirve para o que expós na miña páxina. Neste momento temos varios traballos pendentes para os bot's. Non é difícil operar un bot, hai que aprender unhas cantas cousas e instalar uns ficheiros. Agora non lembro o enlace pero xa cho poñerei. Eu teño un pero dame algúns problemas polo meu ordenador e non o uso moito. Por certo, estamos para pechar a discusión dalgunhas das categorías de Arte e Cultura, se tes algunha idea ao respecto podes engadila ao final. Sería moi ben recibida. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:07, 2 abril 2006 (UTC)

category:retórica e figuras da lingua[editar a fonte]

Ola. Non sei se é Retruécano ou non. Non sei nin como é en portugués. Na Wikipedia portuguesa (Categoria:Figuras de linguagem non aparece, en castelán tampouco. Eu recollín o nome -creo- do libro Arte poética de Claudio Rodríguez Fer. Non hai dúbida, para min, de que é un castelanismo, pero non sei se hai forma galega. No meu dicionario portugués - español non aparece... Considerei preferible poñela ata que alguén dese coa denominación, se a hai. Se che parece mellor borrala, adiante, non se perde gran cousa.

Sinto non che ter botado unha man (doume conta de que é importante o que estás a facer, pero non precisamente o máis gratificante). Ando atarefado cunhas actividades que estou a facer para os alumnos. Para elas teño que crear varios termos na Galipedia, os máis posibles dos presentes en Listado de erros frecuentes no acento de intensidade e ademais ando con exames e avaliacións. Inda así hoxe comezarei a facer algunhas. Empezarei polo z, para non coincidirmos. Unha aperta--Lmbuga 20:35, 2 abril 2006 (UTC)

  • Penso que si, posto que lle indiquei (salvo algunhas correccións que eu fixen dende 1428 o 1399) que seguise o procedemento utilizando coma plantilla o ano 29. Se acaso ves que no está correcto agradecoche que te poñas en contacto con Miñato e de dees a indicacions oportunas. Saudos.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:10, 2 abril 2006 (UTC)

Lingua Galega[editar a fonte]

  • Acento prosódico: Acabo de ler o engadido por ti, está moi ben. Sobre as tres palabras con interrogante, auréola xa estaba engadida, nos meus dicionarios aparece así, en portugués é así. Nas outras tamén -creo- tes razón. Paso a incluílas na lista.

Por mor da palabra austríaco fixen unha busca, por se había máis con esa posible variación acentual e encontrei: amoníaco, afrodisíaco e cardíaco. Inclúoas tamén. Encantado coa nosa mutua colaboración. Saúdos--Lmbuga 22:03, 6 abril 2006 (UTC)

Pilar García Negro presentando un programa na TVG nos tempos de Fraga? Non, foi Pilar García Rego, a que presenta o programa Alalá da TVG.--XurxoStepanek 22:51, 15 abril 2006 (UTC)

  • Moi bo o que engadiches en Acento prosódico. En galilibros pretendía facer un libro sobre Normas de estilo e ortográficas en lingua galega. Por estrar traballando en Commons téñoo medio esquecido. É material excelente para alí. Incorporareino, quizais reformulándoo. Un cordial saúdo--Lmbuga 18:31, 2 maio 2006 (UTC) (se che apetecese falo ti, adiante. --Lmbuga 18:32, 2 maio 2006 (UTC)) (Se che apetecese facelo ti, adiante. --Lmbuga 18:32, 2 maio 2006 (UTC))

Sobre o mapa da guerra civil[editar a fonte]

Dis que che avisemos se non estamos dacordo co mapa da guerra civil, e por eso estou aquí. Este mapa é absolutamente erróneo, pois os nacionais non estaban tan avanzados nin tan sequera en 1939. Non é correcto que poñas as provincias de Cantabria, Guipúzcoa nin Vizcaya, como nacionais, pois estas non foron tomadas ata 1938. Tampouco é correcto que esté en azul Ciudad Real, Málaga, Badaxoz nin Huesca. Por outra parte, en Andalucía a sublevación no seu inicio só sucedeu nas cidades de Granada, Sevilla e Córdoba, así como en case toda a provincia de Cádiz. Huelva e Málaga foron tomadas polos naicionais durante a guerra e non ó seu comezo. Quizáis o dato máis erróneo sexa que pintases de azul a provincia de Castellón, pois os nacionais non posuían nada do litoral levantino ó comezo da guerra. Polo tanto, pídoche que corrixas o mapa, pois ó comezo da guerra, aínda que usases como base as provincias españolas, en moitas das que pintaches de azul nin sequera a sublevación nacional tivera éxito. --User:Tinsiño 15:52, 9 maio 2006 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Ola Sobreira, estamos marcando as imaxes que non teñen licenza e vou atopando algunha imaxe feita por ti (ademais das que marcamos das provincias). Nestas imaxes que atopo queres poñerlle a mesma licenza que a que a das provincias GFDL ou prefires cambiar a licenza? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:49, 23 maio 2006 (UTC)

Ola[editar a fonte]

Moitas grazas po-la aclaración e observacións...jajaja, a verdade é que eu estou a remata-la carreira en Madrid!!!, de ahi que sexa tan pailán de cometer erros por castelanismo...queras que non, estando 5 anos en madrid, rodeado de xente de fora, algo se che pega...

(eu NA VIDA usei tempos compostos...ou que eu me dera de conta)

Sobre a maioria dos erros que dis...eu non falo "galego normativo" no 100%, falo un pouco do que estudiei de pequeno, na escola, e o resto é o que fala a miña xente, os meus avós...etc, o que levo escoitando dende que era un parviño.

cousas como Po-lo, ven diso...eu pra (xa sei que é "para" pero eu escribo iso pra pq así o digo, e coido que é máis lóxico. Para sóame a castelán) dicir por+o digo po-lo, por exemplo "por o de agora"...cando falo digo "po-lo de agora"...e coido que o estudiei tamén así...non sei...eu non son lingüista, e a influencia dos casteláns faime cometer erros...xa teño gana de voltar a Pontevedra...pero alí non hai traballo.

No que me dis, hai cousas que non entendo...como o de "xuntar temas" ou algo asi...eu o enlace de "enric miralles" o collín de "arquitectos famosos" ou un tema así...e como faltaba por facer...pois puxen o que puiden nun intre.

E sobre o campus de Vigo...enténdote, eu ata que non estudiei a Miralles sempre pensei que era "raro" e que enriba non funcionaba... ...ten pegas...pero os seus proxectos son pra moita sesera...non son nada sinxelos. Ese non é o mellor...iso seguro.

Grazas por todo, e agardo que sigas botándome unha man...porque necesitarei máis dunha pra face-lo todo bem. jejeje. Luimipi 16:37, 24 maio 2006 (UTC)

  • Oes...na es.wiki, ...a que ven o de "sangengo"??, pois ti sabes de sobra que é Sanxenxo...e que o topónimo non é "sangenjino"...non sei, se non nos votamos todos unha man, pra que entren en razón...non andar a desfacer...

sei que son coma paredes...pero paréceme de vergoña, que nunha "enciclopedia", díganse cousas que non son verdade...soamente por "persecución" lingüística. (= que con Junta de Galicia..etc)

saúdos Luimipi 16:42, 30 maio 2006 (UTC)

  • grazas por respostar. O fallo dos tempos compostos creo que é meu (mira a miña primeira edición)..ten en conta que eu agora, por tema de traballo e estudios, vivo en madrid 9 meses...e levo así 5anos...iso queras que non, sen querer afecta...pois, suspendéronme un exame por non usar tempos compostos, e noutros tantos chamáronme a atención...

(hai moita xente intolerante...coma na es.wiki) Sobre o da web castelá....si, eu xa o había collído, pero é moi sutil o que pos...e co "parviños" que son algúns...non o collerán...son coma paredes...ou xordos...pero iso si, razoar non razoan, e educación tampouco teñen, pois quen pra "levar a razón", ten que expulsar a quen pensa o contrario, ou bloquea-las páxinas coa definición ou palabra que el quere...non é moi educado...por dicir pouco.

saúdosLuimipi 18:47, 30 maio 2006 (UTC)


    • Oes, gostaríame sabe-la tua opinión sobre o tema do galego e o Portugués internacionalmente, que puxen na discusión de idioma galego,pois sei que pode ser un tema discutible, pero algo falto de razón non vou...non se poden diferenciar internacionalmente 100%, sería malo pra nos, o que se ailla, morre.Luimipi 10:58, 1 xuño 2006 (UTC) graciñas.

Outra de imaxes[editar a fonte]

  • Atopei Image:Zorra.jpg. Segundo a túa resposta podería marcala como dominio público, GFDL ou incluso Creative Commons. De acordo co que fixemos coas provincias vouna marcar GFDL. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:46, 24 maio 2006 (UTC)
  • Non subín ningunha foto de Enric Miralles, enlacei coa única que atopei en Commons. A foto está en Commons non na Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:39, 30 maio 2006 (UTC)

Por certo, esa foto de Miralles, si é obra súa. Na miña opinión é moi fermosa. (seino seguro, sen dúbida, obra de EMBT).se non está no listado será un descuido po-la miña parte, pero ten en conta que un arquitecto da talla de miralles pode ter infinidade de obras...e so puxen unhas...que mirei na web castelá coido...porque non tiña o meu libro de Miralles nese momento...

Se queres un dia melloro o artigo, pois podo facelo moito máis completo. Pero supoño que como todos, o tempo...é ouro.Luimipi 18:50, 30 maio 2006 (UTC)

  • Impresionante o das parroquias. Claro que interesan! sempre que estean libres de dereitos. En canto aos concellos, en que se diferencian dos que temos agora? Pódense subir pouco a pouco. O que necesitaríamos tamén agora é sustituir os das comarcas por uns de maior calidade, para que unha vez que estean aquí pasar a Commons. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:56, 30 maio 2006 (UTC)


diocese[editar a fonte]

Vaites, vaites... :S --Adalbertofrenesi 16:40, 31 maio 2006 (UTC)

Lista de vixilancia[editar a fonte]

Poñelo na lista de vixilancia permite seguir os cambios nas páxinas que tes nela, claro que iso só vale no caso de que visites o enlace regularmente. Se pasa moito tempo a lista perde efectividade, sobre todo se non se producen máis cambios na páxina. Tes unha opción nas preferencias para engadir automaticamente todas as páxinas que edites á lista de vixilancia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:46, 31 maio 2006 (UTC)

Xenocidio armenio[editar a fonte]

Grazas polo aviso. Se queres editalo ti avísame que lle quito o template enuso para que o edites. Saúdos e grazas.--Alberte 18:51, 31 maio 2006 (UTC)

Espeleoloxía[editar a fonte]

Ola, Sobreira. A cousa foi como dis, e as correccións están OK. Metín a única cova que coñezo, a do Rei Cintolo en Mondoñedo. Saúdos.--Agremon(contacto) 06:07, 1 xuño 2006 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Pois grazas pola info. Un saúdo. --Porto 10:52, 1 xuño 2006 (UTC)

graciñas[editar a fonte]

De novo grazas por respostar tan rápido. Eu xa supoñía que eras filólogo, por iso che preguntei, simplemente pra sabe-la opinión de alguén que se adica á língua. Eu non son nin Lusista nin Reintegracionista, eu son Galego, e identifícome coa miña língua. O que pasa é que penso que o galego está excesivamente influenciado po-lo castelán, e iso é o que non me gusta. Gostaríame que se "descastelanizara o galego"...que si, que fora como falaban os nosos tataravós antes da imposición do castelán....pero non entendo como a RAG mantén esa liña... (o castelán é unha lingua moito máis consolidada non?, no galego temos varios organismos "normativizadores", cada comarca case fala unha variedade...e o que cunde é o castrapo, e ademáis, o galego está coma lingua ou de campesiño ou de Bloqueiro...coido que non é a mesma situación dos dous idiomas...)


E sobre o tema que refería...eu soamente falaba a nivel internacional, non que nos sexamos portugueses, senon que internacionalmente, coido que case poderíamos estar considerados no grupo de paises lusófonos, simplemente porque as nosas línguas son case "dialectais" da mesma raiz...non sei, era máis unha suxerencia...

Sobre o de se penso que o que se ailla...morre...pois si o penso. Non é unha realidade absoluta, pero coido que así é. Porque me dis que o pense millor?, tes algunha razón pra pensa-lo contrario?, teño curiosidade...

Sinto facerche "perde-lo tempo" "debatindo" (pra min é falando ou explicando), temas, e non traballando...pero é que eu son arquitecto, e en temas lingüísticos non teño a quen recurrir. (cando alguen quere opinións de saúde preguntalle a un medico, se é de casas a un arquitecto...etc, non?)

saúdos e graciñasLuimipi 14:03, 1 xuño 2006 (UTC)

Ollo de gato[editar a fonte]

É un caso moi particular este que sinalas, na wikipedia inglesa semella cos dous artigos tratan do mesmo pero con certas diferenzas. Aínda que non teño claro que no futuro combinen ambos artigos (o interwiki do inglés apunta ás mesmas páxinas nos dous casos). Penso que é preferible que deixes un só interwiki e o segundo enlace o poñas en Véxase tamén cunha pequena aclaración. En canto ao Rei Cintolo non sei con seguridade cal das dúas opcións é a correcta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:08, 1 xuño 2006 (UTC)

Acouga ohh[editar a fonte]

A verdade que que me ves con cousas que aconteceron tempo atrás e nas cales tanto eu, como a persoa que lle respondeu a User:83.40.174.54 despóis do consello (que non era nengunha recriminación) tampouco o entendeu coma recriminación coma ti che parece entende-lo. Polo que é mellor que voltes e leas máis a modo o texto. Ademáis saibas que nesos tempos estabamos varios administradores coa mosca trala forella a causa de certos usuarios colombianos e ademáis de ataques con bots de outros lugares que non facían máis que faltarlle o respeito a xente e meter trapalladas nos artigo (cando non aparecían creados outros novos sen sentido común). Quizáis esta explicación non che resulte moi apropiada polo que podes leer con teus ollos xa que a túa derradeira colaboración no proxecto está dende o 3 de decembro do 2005 e a seguinte remite o 22 de marzo do 2006. Coido que nin eu nen ninguén che pediu explicacións daquela non se vai a pedir ahora. Podes non obstante demandar o tema na taberna (a sección que corresponda) e ademáis de eu seguro que hai máis xente que tamén se suma o tema. Por outras e, xa que mencionas a teu irman user:Goresqui, non lembro eu que lle deixara nengunha protesta?. Por outras lembrarche que iste proxecto tratase de ser un proxecto tranquilo (que para nada se ten que asemellar a outras wiki's) e voltar o principio. O usuario en cuestión suxeriuselle co ánimo de que se rexistrara, independente do consello que se lle deu e, ate Emilio juanatey, estivo de acordo co aspecto proposto na páxina, sendo él que podía haberme remitido a queixa que tí estas a remitir. Teñas un bo día. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:19, 1 xuño 2006 (UTC)

Image:Galiza_por_concellos_12.gif[editar a fonte]

Podías refacer a imaxe co formato png e sen o fondo negro? Mellor transparente todo o que está fóra de Galicia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:40, 2 xuño 2006 (UTC)


  • Creo que non é boa idea abrir debates sobre cousas que pasaron hai meses e das que non tes os datos completos. O resultado desas mensaxes é contrario ao que pretendes. Sempre tes a posibilidade de usar o correo electrónico para intentar aclarar o que sucedeu. Outra cousa é especular e xerar un fío de conversa que potencialmente vai ter máis compoñentes negativos que positivos para o funcionamento deste wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:21, 2 xuño 2006 (UTC)


  • En Commons tes unha chea de imaxes de estalatictas onde escoller. Espero que non che pareza mal pero a imaxe que cargaches non reúne os requisitos mínimos de calidade. Se fas buscas en Commons, preferiblemente en inglés, has atopar gran variedade de imaxes de todo tipo para os artigos que queiras crear. Por suposto non hai de todo pero neste momento si está dispoñible unha cantidade considerable de arquivos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:57, 5 xuño 2006 (UTC)
  • Vexo que tomaches a mal o comentario, sintoo non era a miña intención ofenderte só manifestar unha realidade. Pensa nun lector que está á procura de material para un traballo de ciencias. O repertorio de imaxes en Commons, neste caso, ilustra moi ben o tema e potencia a calidade do texto. Por outra banda, as imaxes de Commons non é preciso cargalas na Galipedia. É un repositorio común de material multimedia para todas as Wikipedias e basta con escribir o enlace da imaxe como se xa estivera aquí. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:39, 5 xuño 2006 (UTC)
  • Non son eu quen desvalorice o traballo de ninguén, creo que a miña traxectoria me avala. Pensei que poida falarche con liderdade. Non dubido que che levara tempo preparar a imaxe. Quero engadir que a min tamén me saen as cousas ao revés en ocasións, iso pasanos a todos. Estes días podes comprobar que estamos empregando moito tempo en tarefas pouco agradables, como é revisar as licenzas, buscar imaxes para usar no canto das que non poden permanecer aquí. Seguir as distintas versións das imaxes, o seu tamaño, calidade, cores, etc. Nese contexto tes que enmarcar a mensaxe que enviei antes. No da xestión da base de datos de imaxes e da súa relación cos artigos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:57, 5 xuño 2006 (UTC)
  • Non me gusta crear conflitos innesarios así que recuperei a túa imaxe orixinal no contexto das outras imaxes, cando pasen un par de días decide se ten sentido mantela ou non. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:11, 5 xuño 2006 (UTC)
  • A rapidez non ten que ver con ningunha conexión especial nin nada diso. Hai un sistema de seguimento dos cambios recentes, o sistema informa de todo o que acontece. Entón dun xeito inmediato se se anda preto do ordenador detectase calquera cousa. Na Wikipedia inglesa poden descargarse unha chea de engadidos para o navegador que permiten acelerar procesos de comprobación e mantemento. Se non fose así sería imposible e insoportable facer un seguimento deste wiki, porque hai unha chea de cousas que resultan penosas sen as cales é imposible xestionar o proxecto. O tema das imaxes é máis importante do que poida semellar nun principio, e ademais pode danar o proxecto, polo tanto deben de estar ben marcadas. En canto a que teñas a sensación de que te estamos controlando non é así, o asunto é que se te informamos no momento de algo que detectemos evitamos un traballo posterior que podería multiplicarse. Outra función das mensaxes é informar ao resto dos colaboradores do wiki e mesmo que ti poidas facer a mesma función de axuda con outros colaboradores. En resumo, se o aviso consigue ser rápido un traballo desagradecido redúcese, outra cousa é que teñas a sensación de que iso supoña control pero podo asegurarche que non é así. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:32, 5 xuño 2006 (UTC)
  • Non vou retirar a imaxe, nin en ningún momento tiven a intención de facelo. Se pasados uns días chegamos á conclusión de que hai que quitala é mellor que o fagas ti mesmo. Mentres tanto que permaneza. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:53, 5 xuño 2006 (UTC)

Link[editar a fonte]

Olá Sobreira! É possível que você insira mais links internos nos artigos? Veja como fiz. --Slademsx 15:51, 5 xuño 2006 (UTC)

  • Por favor activa un enderezo de correo para que poida enviarche unha mensaxe. --Prevert(talk) 15:08, 7 xuño 2006 (UTC)

Sobre o correo, non basta con poñer o enderezo no campo correspondente, agora hai unha opción de confirmación do correo. Tes que premer nela, presentase unha pantalla onde hai que premer no envío de confirmación. Logo no teu enderezo de correo abrir a mensaxe de confirmación e no enlace de resposta premer, así queda o correo confirmado e activo. En canto á lista de vixilancia non sei se entendín ben a pregunta, se te refires "a miña lista de vixilancia" da parte superior da páxina podes evitar que as páxinas que creas ou as edicións que fas se engandan á lista coas opcións das preferencias, neste caso edición, nela pon "Engadir as páxinas creadas por min á miña lista de artigos vixiados" e "Engadir as páxinas que edite á súa lista de vixilancia" as casiñas que están a carón delas deben estar desmarcadas. Sobre as imaxes, é un problema máis difícil de resolver e require unha solución para cada caso. Unha posibilidade é crear unha galería, exemplo:

<gallery>
Image:Gráfico 1.png|Descrición 1
Image:Gráfico 2.png|Descrición 2
Image:Gráfico 3.png|Descrición 3
Image:Gráfico 4.png|Descrición 4
</gallery>

Outra posibilidade é meter as imaxes dentro das celas dunha táboa. E outras veces úsase o código de estilo (css) para dar as ordes. Proba coa galería en primeiro lugar a ver se che gusta, se non podemos probar con facer unha táboa. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:37, 7 xuño 2006 (UTC)


  • Se o artigo ten un título cunha soa palabra é normal que poidas entrar coa minúscula tamén. É unha característica de MediaWiki. Outra cousa é que fixeras o mesmo no Wiktionary, aí distínguese entre maiúsculas e minúsculas. Sobre lapela e ficha, pasarei a usar ficha. Antes de usar lapela usaba solapa, pero por unha proposta túa cambiei a lapela paso agora a ficha :-) Co correo debe ocorrir que nalgunhas opcións da ficha "Información de usuario" en preferencias haxa algún erro. Para que o sistema estea ben configurado debe haber un enderezo no campo "O seu correo-e*", debe estar marcada a casiña "Permitir mensaxes de correo electrónico doutros usuarios", e ten que verse dentro do cadro e-mail "O seu enderezo de email foi autentificado" e a data de autentificación. En caso de que todo iso estea ben pode haber un erro polo seguinte: que o correo cambiara desde a autentificación e sexa preciso confirmalo outra vez, ou tamén pode ser que ao autentificalo premeras máis dunha vez no botón e fixeras a autenficación cunha versión antiga do código. Proba a repetir o proceso paseniño. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:48, 7 xuño 2006 (UTC)

Santoral[editar a fonte]

Sobreira, reorganizei os níveis deste artigo assim. Devido às suas edições seguidas, deu conflito de edição na primeira tentativa, mas agora já salvei. Abraço. --Slademsx 17:10, 7 xuño 2006 (UTC)

  • É verdade, máis que solapa usaba pestana. Con respecto aos mapas de Galicia penso que o mellor é seguir a liña marcada por Alyssalover cos mapas dos concellos, "E Asturias-León-Portugal?" supoño que te refires no mesmo mapa para diferencialos, penso que é suficiente con que estean un pouco máis oscuros. Na miña opinión o fondo negro non casa ben coa gama de cores que usa á Wikipedia. Tamén é certo que estou falando da "pel" que ven por defecto (por certo haberá algunha palabra mellor para designar a posibilidade de ter presentancións distintas das páxinas?). Pensando na Galipedia e pensando en Commons non lembro ningunha serie masiva de mapas que vaia en negro. Certo, tamén, que iso non quere dicir nada, pero parece que o gráfico se integra mellor no fondo sen un contraste tan grande. Só é a miña opiníón. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:43, 7 xuño 2006 (UTC) engadido: o que si hai en Commons son mapas que integran outras cores que resaltan partes, pero dun xeito suave. --Prevert(talk) 17:45, 7 xuño 2006 (UTC)
.*Pois segue sen funcionar. Intetareino co outro enderezo. Pero agora non que vou canso. --Prevert(talk) 18:12, 7 xuño 2006 (UTC)
Eu só não concordo com o uso de só uma marcação - =Exemplo= -, prefiro o uso de duas. Se você puder trocar, eu opino sobre qual acho a melhor hierarquização dos temas. Suadações. --Slademsx 19:23, 7 xuño 2006 (UTC)
Respondi na pt: --Slademsx 21:10, 7 xuño 2006 (UTC)
  • Ok, recibido. Recupero pestana. Grazas. --Prevert(talk) 15:29, 8 xuño 2006 (UTC)
  • Quere dicir que hai poucos enlaces a outros artigos da Galipedia. --Prevert(talk) 10:11, 9 xuño 2006 (UTC)


  • Pode poñerse en Wikipedia:A Taberna (novas), aínda que posiblemente haxa moitos máis premios ao conxunto da Wikipedia que non teñamos reseñado. Con respecto ao cambio da palabra durante por entre en Wikipedia:Actualidade non é correcto, porque o que mostra o gráfico no apartado colaboradores -> edicións son as edicións que se fixeron durante eses, non entre eles. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:02, 30 xuño 2006 (UTC)
  • Xa está corrixido o problema da portada, estabamos utilizando unha versión modificada do template para que non saíra a coma para os miles, pero deixou de funcionar. Volvín á versión anterior. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:04, 4 xullo 2006 (UTC)
  • Ola Sobreira, tes a páxina un pouco pesada e vai un pouco lenta, en relación a cadrilátero de non recordar mal xa a movín hai tempo. En relación a cheién, pois, eu simplemente consultei un dicionario, preguntei a Lmbuga por ser o dicionario que uso diverxente nalgúns usos doutros dicionarios galegos máis comúns (como o Xerais por exemplo) e quería estar seguro de que era unha forma con tradición en galego como me parecía, por exemplo, de escoitala en dobraxes de filmes do oeste.--Rocastelo(fálame aquí) 18:44, 13 xullo 2006 (UTC)