Conversa usuario:Seelah

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Seelah!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevoaeipa o que queiras... 01:10, 8 decembro 2007 (UTC)

Igrexa Marín[editar a fonte]

Xa lle foi retirado o marcador de atención, fixenlle unha pequena revisión pero aínda necesita algunha máis, a sección Actividades de Relevancia presenta trazas de autopromoción ("foi moi importante", "labor cultural intensa", etc), e ten algunha que outra falta de ortografía, pero xa non necesita o marcador de atención. Un saúdo --Banjo tell me 14:45, 8 decembro 2007 (UTC)



Gracias, agardo que entre todos podamos facer unha gran enciclopedia galega. E xa sabedes, se queredes algunha opinión desde dentro do mundo protestante xa sabedes que podedes contar comigo :). Un saúdo dende Rosas, Girona. --Seelah 20:30, 18 outubro 2008 (UTC)

Ola Seelah! Desfixen o teu troco de largo por ancho xa que son sinónimos, e como largo é correcto déixase a opción escollida ó principio. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 20:31, 18 outubro 2008 (UTC)



Desculpa, xa che comentei o cambio na tua ficha... --Seelah 10:20, 19 outubro 2008 (UTC)

Ola de novo! Penso que te trabucas, en galego largo non é sinónimo de longo, senón de ancho. Polo tanto a frase sería correcta. Podes velo exemplificado na definición que dá a RAG no seu dicionario en liña [1]. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 10:29, 19 outubro 2008 (UTC)

Ok, non hai problema. Simplemente soábame raro. --Seelah 10:34, 19 outubro 2008 (UTC)