Conversa usuario:Santiago Vieites
Benvido(a) á Galipedia, Santiago Vieites!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 09:54, 4 setembro 2007 (UTC)
Ola, Santiago. Benvido á Galipedia. Os teus artigos sobre estradas son fantásticos. Parabéns! Con todo, era necesario que fosen un pouco máis referenciados, particularmente indicando as fontes nos casos de declaracións de políticos no tema polémico. Podes indicar os medios en que saíron esas declaracións? Moitas grazas por todo, e ánimo para seguir. --Xabier Cid 10:07, 4 setembro 2007 (UTC)
Tes algúns comentarios nas páxinas de discusión do artigo, sobre dúbidas en abreviaturas e así. Bótalles un ollo, ;). Grazas --Xabier Cid 10:25, 4 setembro 2007 (UTC)
Ola, Santiago. Moi bos os teus artigos, e moi bos tamén os comentarios, que axudaron a melloralos moito. Polo do galego non te preocupes. A Galipedia é unha obra que se fai entre todos, e cada un achega a parte na que sabe máis. Así que non teñas medo de meter a pata ou de non estar á ultimísima, porque sempre haberá quen o emende. Ti por iso non teñas mal. Sería estupendo qu seguises usando os teus coñecementos de estradas en facer máis artigos... Son realmente moi bos: ben estruturados, achegando distintos puntos de vista... Con respecto ao das declaracións, é moi necesario que indiques a fonte en concreto: se é dun vídeo de YouTube, pois metendo unha ligazón ao vídeo; se é un artigo de La Región en papel, indicando que día se publicou, p.ex. O ideal sería que todos os datos que se verquesen na wikipedia estivesen referenciados; como iso é complexo, laborioso e non sempre se dá feito (e por iso hai só 27.000 artigos na Galipedia), cando menos deben estar referenciadas as afirmacións que poden dar a polémica. E estas dende o logo o son. Se podes buscar esas referencias concretas e indicalas, xa se podería retirar a etiqueta de atención. Moitas grazas, de verdade. --Xabier Cid 00:58, 5 setembro 2007 (UTC)
- Outra cousa: aproveiteime do teu traballo para crear as plantillas correspondentes ás estradas da rede primaria básica e da rede primaria complementaria. Xa que estou podía crear da mesma forma as plantillas correspondentes ás outras redes, pero necesitaría saber os códigos de cores. Onde podería miralo? que clasificacións hai? Grazas por todo. --Xabier Cid 02:11, 5 setembro 2007 (UTC) Tomeime a licenza de facer a etiqueta da A-76, pero non estou seguro dos datos. Podes botarlle un ollo? Grazas. --Xabier Cid 02:43, 5 setembro 2007 (UTC)
- Olá. Ao ler a explicación que lle dás a Xabier Cid sobre as cores de identificación de estradas, ocorrese-me que a podes aproveitar para incluir no artigo sobre estradas. Un saúdo. --Xosé (✉) 10:52, 5 setembro 2007 (UTC)
Referencias e plantillas
[editar a fonte]Ía deixarche agora mesmo unha mensaxe. En [[Category:Caixas de información sobre infraestruturas]] tes os seis modelos que creei de estradas, cos seus usos. Non sei se cres que falta algún máis. As provinciais deixeinas con fondo branco, máis ca nada porque se aquí mudan, non quero pensar que haberá cores distintas en Huesca, Sevilla ou Zamora, ou incluso en cada illa; tamén porque, como ti dicías, vai ser difícil que haxa artigos desas estradas. Bótalles un ollo e dime se cres que está correcto, se metín a pata nalgures ou como vai.
As referencias métense co código <ref>seguido do texto da ligazón ou do que queiramos contar, seguido de</ref>. Despois, ao final do artigo, créase unha nova sección cun código para recuperar referencias. Hai moitos, e con diversos estilos, que podes copiar aquí e acolá. A min o que me gusta é este:
==Referencias== <div style="font-size:.8em"> <references/> </div>
E máis nada... Ah, si, non esquezas asinar as mensaxes, que eu ben sei quen es, ;) pero se dentro duns meses pasa alguén polas páxinas de discusión non o vai saber... Moitas grazas pola túa axuda. --Xabier Cid 11:41, 5 setembro 2007 (UTC)