Conversa usuario:Santacomber

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Santacomber!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola! Movín o título do artigo que creaches a Basilio Río Brenlla. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 27 de marzo de 2024 ás 11:33 (UTC)[responder]

Perfecto Estevo. Téñoo en conta para futuros cambios. Saúdos Santacomber (conversa) 27 de marzo de 2024 ás 11:49 (UTC)[responder]

Campos de fútbol[editar a fonte]

Ola, Santacomber! Como vai?

Estou a traballar documentando os campos de fútbol de Galicia: subo as fotos a Commons (commons:Category:Association football venues in Galicia (Spain)) e engado a información en Wikidata; en base a iso, fixen esta táboa. Acabo de crear en Wikidata d:Q125253824, o elemento correspondente ao campo da Fontenla; anímaste a facerlle unha foto, porfi?

Mil grazas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de abril de 2024 ás 11:40 (UTC)[responder]

(edito). Acabo de ver que xusto engadiras unha foto hai pouco. Graciñas! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de abril de 2024 ás 11:43 (UTC)[responder]
Se precisas algunha foto da contorna do noso Concello, avisa e imos tiralas. Apertas Santacomber (conversa) 1 de abril de 2024 ás 11:50 (UTC)[responder]
Fedellando en Categoría:Santa Comba vexo que cumpriría tomar unha foto do Aeródromo de Castriz, e quizais da fábrica de Carbónicas Landeira. Fedellando en Eleccións municipais en Santa Comba vexo que tamén faltan fotos de Alberto Romar Landeira e doutros alcaldes anteriores (Categoría:Alcaldes de Santa Comba).
Recoméndoche botarlle un ollo á ferramenta WikiShootMe. Os puntos verdes son elementos de Wikidata con coordenadas e con fotos, os puntos vermellos son elementos de Wikidata con coordenadas sen fotos, e os puntos azuis son fotografías en Commons con coordenadas. Vexo que viría ben unha foto da Biblioteca Pública Municipal. O compañeiro @Breogan2008: creará nalgún momento os Lugares de Santa Comba que están pendentes; a compañeira @Maria zaos: creou xa os respectivos elementos das aldeas en Wikidata, e esta tarde procurarei asignarlles as coordenadas para que aparezan xa tamén en WikiShootMe.
Noutra orde de cousas: podes botarlle un ollo ao artigo Xallas de Santa Comba Club de Fútbol? Coido que quedou algo desfasado.
Agardo non resultar moi espeso con tantos tecnicismos e ligazóns. Un saúdo, e mil grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de abril de 2024 ás 12:13 (UTC)[responder]
Xenial! Intento conseguir as fotografías e falo coas compas do equipo para actualizar o artigo do Xallas FC :) Santacomber (conversa) 2 de abril de 2024 ás 08:18 (UTC)[responder]
Unha dúbida, os puntos marcados no WikiShootMe, entendo que moitos deses puntos son as propias aldeas, non si? Santacomber (conversa) 2 de abril de 2024 ás 11:29 (UTC)[responder]
Efectivamente, os Lugares de Santa Comba xa teñen cadanseu elemento en Wikidata coas correspondentes coordenadas, polo que aparecen xa en WikiShootMe. Noutra orde de cousas: María Luz Vidal Sanjuán e José Gómez Rubio están soterrados en Santa Comba? Sería interesante ter fotografía das súas tumbas ou lápidas. Xa no nivel máximo de fricadas: existe en Commons a Commons:Category:Manhole covers in the province of A Coruña (categoría:tapas de rexistro na provincia da Coruña); sabes se hai algunha tapa de sumidoiro en Santa Comba que inclúa o nome do concello? --Estevo(aei)fálame aquí 2 de abril de 2024 ás 11:36 (UTC)[responder]
Entendo que si, porque foi unha profe mítica do Barrié e xa era viúva dando clase. Podo preguntar, aínda que me dá un pouco de reparo ir tirar fotos ao cemiterio x) Nunca me fixei nas tapas dos sumidorios, mais podo ir ver hahah Santacomber (conversa) 2 de abril de 2024 ás 12:11 (UTC)[responder]
Ola de novo @Estevoaei, acabo de encontrar á filla de Mariluz e José. Confirmado que viviron e morreron en Santa Comba. Toda a info que me diga, así como fotografías, como fago para incluílas na Galipedia? Por exemplo, as fotografías son súas, como podo xustificar que me cede o seu uso pasa subilas aquí? Santacomber (conversa) 3 de abril de 2024 ás 11:00 (UTC)[responder]
Ola! Pois respecto á información, é importante o que se indica en Wikipedia:Verificabilidade e Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria; a información incluída na Wikipedia non pode obterse de primeira man, senón que ten que estar xa publicada nalgures. E respecto ás imaxes, podes botarlle un ollo ao que se indica en Commons:Equipo de respuesta voluntaria (envíocho en castelán porque a páxina en galego está incompleta); de forma resumida: deben mandar un mail, seguindo o formulario indicado, conforme dan o seu consentimento para ti subires as fotos. Non me manexo moito con isto, mais coido que @Chairego apc: sabe algo máis do asunto. Agardo que fose de utilidade. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de abril de 2024 ás 15:23 (UTC)[responder]
Grazas @Estevoaei, si que foi de utilidade :) Santacomber (conversa) 4 de abril de 2024 ás 08:36 (UTC)[responder]