María Luz Vidal Sanjuán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1914 Fene, España |
Morte | 22 de setembro de 2001 (87 anos) Santa Comba, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
Familia | |
Cónxuxe | José Gómez Rubio |
Premios |
María Luz Vidal Sanjuán, nada en Fene o 23 de abril de 1914 e finada en Santa Comba o 22 de setembro de 2001, foi unha mestra galega. Recibiu a Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1944 é destinada como mestra primeiro á escola de Arantón e en 1973 pasaría a formar parte do cadro de profesores do Colexio Público Barrié de la Maza. Xubilouse en 1983 despois de 39 anos como docente en Santa Comba.[2]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 1996 sería condecorada polo rei Xoán Carlos I coa Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio por todos os seus anos de dedicación á docencia[3].
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou co mestre José Gómez Rubio.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Luz Vidal. Unha mestra xalleira condecorada polo Rei - Adiante Galicia". 2022-05-04. Consultado o 2024-04-02.
- ↑ "Personaxes | Concello de Santa Comba". Consultado o 2024-04-02.
- ↑ "BOE-A-1996-4985 Orden de 29 de enero de 1996 de concesión de ingreso en la Orden civil de Alfonso X El Sabio.". www.boe.es. Consultado o 2024-04-02.