Conversa usuario:Rosa Enríquez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Rosa Enríquez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. Unha das normas da Galipedia é que un non pode editar no seu propio artigo, eu non sei se ti es Rosa Enríquez pero polo teu alcume é moi posible que o sexas ou queiras pasar por ela. En calquera caso non podes editar nese artigo e xa que logo desfixen a túa edición, por suposto a túa axuda é benvida en calquera outro artigo que non teña que ver contigo, podes falar comigo na miña páxina de conversa, de novo benvida e espero que entendas o meu proceder, saúdos.--RNC 13:54, 18 decembro 2009 (UTC)

Ola, Rosa. O que che di RNC é o que se fai sempre, con todo o mundo, sen excepción, e ten bastante lóxica (se algo ten verdadeiros méritos para estar na galipedia, terminará por estar; non fai falla que ninguén se autoedite). En calquera caso, desta vez metín eu, que non teño vencello de ningún tipo co artigo, a obra nova esa que mencionas, por considerala información relevante. Un saúdo e para calquera dúbidas aquí estamos. --Atobar (conversa comigo) 14:00, 18 decembro 2009 (UTC)