Rosa Enríquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosa Enríquez
Rosa Enríquez (AELG)-2.jpg
Datos persoais
Nacemento 4 de xaneiro de 1969 (48 anos)
Lugar A Rúa
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Poesía, narrativa
Estudos Filoloxía Hispánica

Rosa Enríquez Noya, nada na Rúa o 4 de xaneiro de 1969, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Helena Villar Janeiro, Marta Dacosta, Rosa Enríquez e Yolanda Castaño no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Licenciada en Filoloxía Hispánica. Na actualidade exerce como profesora de francés no IES Macías o namorado de Padrón.

Colabora habitualmente nas revistas literarias Dorna, Xistral, A Casa da Gramática, Leña Verde, A Xanela e Ólisbos, na revista dixital de pensamento nacionalista Terra e Tempo, no portal independentista galego Galiza Livre, no xornal Novas da Galiza e como columnista do xornal La Región. Ten participado en exposicións colectivas de arte -"Icónos" (2006) e "Artnatura" (2007)-, en publicacións adicadas ós poetas María Mariño e Uxío Novoneyra, e na performance Palabra en movemento (2008) baseada toda ela na súa obra Vestíbulo da devastación.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Raizame vexetal, 2007 (1º Accesit do Premio I Conde de Gondomar, Editorial Alvarellos).
  • Vestíbulo da devastación, 2007 (Espiral Maior).
  • Desobediencia, 2011 (A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian).
  • Atlas de Chaguán, 2012 (A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian).
  • Espectros, 2014 (O Figurante Edicións).
  • Historia do meu corpo en labaradas, 2015 (Neopàtria).

Narrativa[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Francisco Añón de Poesía do Concello de Outes no 2005, por Nas aforas.
  • Primeiro accésit do Premio I Conde de Gondomar no 2007, por Raizame vexetal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]