Conversa usuario:Radix2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Radix2!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 00:21, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Novas sobre as camisetas[editar a fonte]

Boas, o primeiro grazas á pola túa participación no pasado reto do aniversario da Galipedia. Xa teño a túa camiseta e deixei un aviso nesta conversa para tentar quedar contigo e o resto de participantes para repartilas. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:56, 14 de abril de 2011 (UTC)

Xuntanza en Pontevedra[editar a fonte]

Ola! Na páxina que amablemente habilitou Elisardojm para a ocasión plantéxase o mércores, 20 ás 6 da tarde como día e hora da xuntanza. Por favor, pásate pola devandita páxina para confirmar a túa dispoñiblidade e propór un lugar exacto da cidade para quedarmos. Grazas! --Paradanta (Cóntame) 21:12, 18 de abril de 2011 (UTC)

Camiseta[editar a fonte]

Ola, Radix! Como sabes, hoxe tivo lugar a entrega de camisetas en Pontevedra. Como non puideches asistir collín eu a túa, xa que os dous vivimos en Vigo, así que cando poidas concretamos un día, hora e lugar en Vigo que nos veña ben aos dous para entregarcha. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 22:32, 20 de abril de 2011 (UTC)