Conversa usuario:Prestexoan

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Prestexoan!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 3 de abril de 2019 ás 18:25 (UTC)[responder]

Opinións dun pallaso[editar a fonte]

Boas Prestexoan, pasei o contido do libro Opinións dun pallaso ó seu artigo Opinións dun pallaso xa que non estaba ben no artigo do seu escritor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de abril de 2019 ás 07:36 (UTC)[responder]

Mapa de Galipedistas[editar a fonte]

Boas Prestexoan, mira, metinche no Modelo:Mapa de galipedistas, pero se non queres que apareza aí o teu usuario, tan só tes que dicirmo, desfago a achega e non pasa nada :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2019 ás 14:23 (UTC)[responder]

Ligazóns externas[editar a fonte]

Ola Prestexoan. Vin a túa edición en "Unión do Povo Galego" e que indicabas que non sabías ligar o voceiro da UPG nas ligazóns externas. É moi doado. Unha vez que tes o enderezo copiado no portapapeis, subliñas todo o que queiras que ligue (neste caso "Terra e Tempo: voceiro dixital da UPG"), e premes no símbolo de ligazón; verás que, por defecto che leva para que ligues a outro artigo da Galipedia, pero na parte superior tamén aparece "Ligazón externa", é aí é onde tes que pegar a ligazón copiada anteriormente. E xa quedaría ligado externamente (é dicir, fóra da Galipedia). Un saúdo e a seguir. --MAGHOI (conversa) 24 de xuño de 2020 ás 18:46 (UTC)[responder]

We sent you an e-mail[editar a fonte]

Hello Prestexoan,

Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email surveys@wikimedia.org.

You can see my explanation here.

MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)[responder]

A historia de don Servando[editar a fonte]

Boas, o artigo A historia de don Servando, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 31 de agosto de 2021 ás 14:50 (UTC)[responder]

Ola Prestexoan. O artigo anterior ten varios elementos a mellorar. Se a túa idea é de seguir coa edición e completalo, recomendaríache usar o marcador "enuso". De ser así, podes obviar o aviso anterior. Un saúdo e a darlle duro. --MAGHOI (conversa) 31 de agosto de 2021 ás 14:54 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Prestexoan. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 30 de setembro de 2022 ás 20:05 (UTC)[responder]

Moitas grazas pola aclaración! Pensaba facer todo iso, pero é que non me daba tempo! Xa que estamos, direiche que irei borrando bastante información da que estaba, porque non ten (segundo o que eu sei) suficiente veracidade histórica. Saúde e Terra! Prestexoan (conversa) 1 de outubro de 2022 ás 06:19 (UTC)[responder]