Conversa usuario:Pilarsamon

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Pilarsamon!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de febreiro de 2018 ás 11:42 (UTC)[responder]

Modelo:Biografía[editar a fonte]

Boas Pilarsamon, desfixen a túa edición en Modelo:Biografía porque non vexo a necesidade do cambio. Se queres facer modificacións no modelo, o mellor é que as comentes na páxina de conversa, ou na taberna, antes de facelas xa que este é un modelo que está a ser utilizado en miles de artigos, e se se produce un erro nel todos eses artigos poden verse afectados automaticamente. Se precisas calquera axuda podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de abril de 2018 ás 16:59 (UTC)[responder]

Re:Modelo:Biografía[editar a fonte]

Enténdoo perfectamente, Elisardojm (conversa). Grazas pola aclaración. Saúdos!--Pilarsamon (conversa) 6 de abril de 2018 ás 11:35 (UTC)[responder]

Repetir as ligazóns internas[editar a fonte]

Ola Pilar.

Non adoitamos repetir as ligazóns internas. Se, por exemplo, nunha páxina aparece 20 veces "Editorial Galaxia", abonda con poñerlle ligazón interna unicamente á primeira.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 17 de abril de 2018 ás 08:46 (UTC)[responder]

Entendido,. HombreDHojalata.conversa- --Pilarsamon (conversa) 17 de abril de 2018 ás 08:57 (UTC) [responder]

Luz Darriba[editar a fonte]

Ola Pilarsamon.

¿Remataches de traballar en Usuario:Pilarsamon/Luz Darriba? (era para retirar o contido e que desapareza da Categoría:Wikipedia:Páxinas con erros de referencia).

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2019 ás 20:49 (UTC)[responder]