Conversa usuario:Penaropop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Penaropop!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola! Efectivamente, na Wikipedia aínda non hai información ningunha sobre as Mostras de Teatro de Vigo, polo que é unha sorte que vos tocase ese tema, e así o resto da xente poderemos saber do tema :)

O consello que vos dou é que busquedes información bibliográfica como para calquera outro traballo académico. Botando unha ollada por riba, vexo que a II Mostra de Teatro de Vigo se celebrou en xullo de 1976, organizadas por colectivos nacionalistas como resposta e contraprogramación a unhas Xornadas de Teatro de carácter máis oficial e menos popular, se entendín ben. Xa que logo, supoño que haberá información en publicacións sobre a historia do teatro en Galicia, ou na Revista Galega de Teatro. Tamén habedes atopar algo no Faro de Vigo ou publicacións locais dos días en que tiveron lugar as mostras. Nas bibliotecas da UdC, USC e UVIgo ha de haber cousas. Se tivesedes xeito, quizais sería unha boa idea entrevistardes a xente como Manuel Lourenzo ou Manuel Vieites.

Unha vez que teñades información para redactar o artigo, podedes darlle un formato semellante ao de Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, dado que ambas as dúas mostras estaban relacionadAs na temática e no tempo histórico.

Estarei pendente para vos axudar. Se tendes calquera dúbida, non teñades medo a preguntar. Un saúdo, e ánimo!!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de febreiro de 2017 ás 23:57 (UTC)