Conversa usuario:Miguereg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Miguereg!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola, Miguereg. Desfixéronse as túas edicións no artigo de Ramiro Vidal Carrera porque non estaban en lingua galega. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de febreiro de 2018 ás 14:23 (UTC)[responder]

Boas Miguereg, tiven que desfacer de novo as túas edicións no artigo polo mesmo motivo, os contidos da wikipedia en galego deben achegarse en galego normativo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 18:17 (UTC)[responder]
Insisto: por favor, se engades contido, faino en lingua galega. Un saúdo, e graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de febreiro de 2018 ás 19:40 (UTC)[responder]

Ramiro Vidal Carrera[editar a fonte]

Boas Miguereg, desfixen a súa edición no artigo Ramiro Vidal Carrera porque non se axusta ó indicado en Wikipedia:Fontes fiables, se precisa axuda con este tema, pode contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 11:20 (UTC)[responder]

Ola, Miguereg. Engadín a foto de Lina Carrera Souto no artigo de Ramiro Vidal Carrera, pois supuxen que era o que querías facer. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de marzo de 2018 ás 16:20 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Miguereg. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 23 de marzo de 2019 ás 20:38 (UTC)[responder]