Conversa usuario:Miguelferig/arquivo2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

esponxas[editar a fonte]

Boas Miguel. Acabo de ver que esponxa redirixe a Poríferos e esponxas a Parazoa. ¿Podes solucionar este entorto e que dirixan ó taxon correcto Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 14:47, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

  • Grazas polas explicacións, sempre claras e clarificadoras. Xa borrei esponxas e deixei estar esponxa -> Poríferos. Aproveitei tamén para corrixir distintos erros que contiñan. Segue ben e grazas, de novo. Pedro --Lameiro (conversa) 17:28, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

Hormonas[editar a fonte]

Boas, Miguel. Xa está borrado Hormonas e queda Hormona como artigo e Modelo:Hormonas como modelo. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 00:33, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

Imaxe traducida[editar a fonte]

Bos días. Mira, fixen a versión en galego da imaxe Ficheiro:Thylakoid membrane 2 gl.svg que se usa en varios artigos, por exemplo en Fotofosforilación, e como ti fuches o que o fixeches gustaríame, se tes un momento, que revisaras a tradución dos textos porque eu non controlo desa materia e pode ser que metera a zoca nalgo. Se ves algún erro ou algo que se poda mellorar avísame e tento repasalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:30, 27 de xaneiro de 2012 (UTC)

Moitas grazas pola revisión, xa a cambiei, creo que agora xa está ben. Se precisas axuda con algunha imaxe podes darme un toque e cando teña un momento póñome con ela, ou se queres información sobre este choio podes preguntarme, eu aínda que non son un experto para pequenos retoques aínda me defendo. As imaxes de Commons poden modificarse, se son unha mellora da mesma imaxe grábanse no mesmo ficheiro (hai que cargar as imaxes na ligazón "Cargar unha nova versión deste ficheiro" que hai na mesma páxina), se son versións con grandes modificacións ou coa tradución dos textos entón grábanse con outro nome indicando no modelo a imaxe de orixe (source), o autor orixinal e os cambios (isto todo pode poñerse no campo de author). O programa para modificar os svg é o Inkscape un programa de licencia libre. Se tes algunha dúbida nestes temas axudareiche no que poda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:26, 27 de xaneiro de 2012 (UTC)

desculpas[editar a fonte]

Acabo de facer unha corrección neste artigo (nin rexistrado estaba) sen me dar de conta que o estabas editando aínda. Espero non terche causado ningún conflito de edición. Se foi así, pídoche desculpas, non me fixei no aviso da cabeceira. --Servando2 (Dime) 12:05, 14 de febreiro de 2012 (UTC)

Re: Problema co formato das referencias[editar a fonte]

Respondín en Conversa:Oxitocina. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:58, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Grazas a ti por todos os artigos que estás creando na Galipedia. --Prevertgl 20:48, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Mucho gracias[editar a fonte]

Thank you for translating my article on corneal keratocytes, Miguel! A pleasant surprise! (0: Best regards, --CopperKettle (conversa) 13:30, 2 de abril de 2012 (UTC)

dúbida[editar a fonte]

Boas noites, Miguel. ¿Poderías engadir, no artigo ctenóforo, unha nota a rodapé explicando que significa "Teñen ... un eixo oral aboral". Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:55, 10 de abril de 2012 (UTC)

  • Perfecto. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 17:40, 11 de abril de 2012 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Boas noites Miguel. Temos dúas categorías que me parece que se solapan e quería comentalo contigo. Son a Categoría:Sistema endócrino (dentro de Encocrinoloxía, e esta dentro de Medicina), e a Categoría:Sistema glandular (dentro de Anatomía). Descubrino cando estaba recategorizando cousas, concretamente os Illotes de Langerhans. A verdade é que a categoría Anatomía está feita un lío. Xa me dirás. Pedro --Lameiro (conversa) 19:45, 14 de abril de 2012 (UTC)

Nomes comúns e científicos[editar a fonte]

Boas, Miguel. Existe unha Convención dos nomes dos artigos que, no caso dos seres vivos, establece que o título principal sexa o nome común -cando o teña- e que o nome científico redirixa a aquel. Entendemos por nome común tanto o común-común (como tal, vaca) como o vulgarizado (bóvido e non Bovidae). Sei que este criterio racha co que teriamos os de ciencias, pero así se aprobou hai anos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:05, 15 de xuño de 2012 (UTC)

  • Poñemos os nomes dos taxóns en plural (dinoflaxelados sería o correcto; mamífero parece máis común que mamíferos). Isto non está escrito senón que o estendo da solución adoptada pola RAG e a RAE. Outra cousa que comentas é que o nome común será moi claro para as especies máis coñecidas pero para as raras, e xa non digamos se falamos de unjicelulares, o nome común é absolutamente descoñecido para o usuario estándar, pero tamén é certo que ese nome común, máis ou menos inventado, resulta tan opaco como o científico. ¿Escherichia? claro que si, non tería sentido traducilo, pero outros exemplos en sentido contrario serían salmonela (cun L) ou triquina, xa aceptados como nomes comúns. Digo que moitas veces inventados porque en bichos ou plantas raras hai que vulgarizar o nome científico e non sempre é fácil, e moito mnenos é referenciable, xa que non atopamos textos que abonen esa escolla común. Entendo os problemas que plantexas, e creo que tes toda a razón, pero debemos cumprir as normas aprobadas, aínda que non as compartamos. O caso é que fun eu quen propuxo a votación para que o título fose o nome científico e saiu rexeitada, e agora teño que aparecer como un tocapelotas insistindo en algo co que, no fondo, non estou de acordo. Pero sed lex, dura lex. Sei que Estevo anda ás voltas coa idea de retomar e reconsiderar esa decisión, e que canto máis tardemos, máis traballo dará renomear todo o habido e por haber, pero hoxe por hoxe, así están as cousas. Saúdos pacientes, Pedro --Lameiro (conversa) 18:09, 15 de xuño de 2012 (UTC)

Niosina[editar a fonte]

Ola Miguel.

Temos unha proposta aberta para levar a artigo de calidade o da vaca. Porén ten unhas cantas ligazóns vermellas. Crees que poderías, cando teñas tempo e gañas, meterlle man a algún, por exemplo á miosina.

Sen compromiso.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11:21, 18 de xuño de 2012 (UTC)

Formato do "Véxase tamén"[editar a fonte]

Lembra seguir o noso libro de estilo: a sección "Ligazóns externas" vai sempre dentro doutra chamada "Véxase tamén". Tal que así. Lémbrao para outras veces. Bo traballo o teu no ámbito celular! Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:09, 28 de xuño de 2012 (UTC)

Guste ou non é o que se acordou. Pero esta é unha enciclopedia en constante mellora e sempre se pode mudar de opinión. Basta con abrir un fío de conversa na Taberna para que opine a comunidade. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:37, 29 de xuño de 2012 (UTC)

dseta e zeta[editar a fonte]

Boas tardes, Miguel. Bota un vistazo á conversa que promoviches no artigo do alfabeto grego. Transcribo alí a resposta que me deu a este respecto o académico Ferro Ruibal. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:57, 2 de xullo de 2012 (UTC)

Modelo:Cita pmid[editar a fonte]

Boas Miguelferig. Perdoa que me meta onde non me chaman. Lin o teu comentario na páxina de conversa de Lameiro e ía ver se che podía axudar, pero non vexo ningún erro. Botándolle unha ollada ó artigo Taxonomía bacteriana, vexo que funciona todo ben. -- JonnyJonny (conversa) 11:02, 3 de xullo de 2012 (UTC)

Ahá, comprendido. Pois a ver se damos cunha solución. -- JonnyJonny (conversa) 11:18, 3 de xullo de 2012 (UTC)

Vin que creaches o modelo copiándoo de en.wp, supoño (non está indicado). O modelo por suposto que está ben (faltaría, en calquera caso, traducilo). Non obstante, non funciona porque nós non temos un bot que complete a tarefa de converter esa pequena cita nunha cita baseándose no modelo {{Cita publicación periódica}}. Tes máis información sobre isto na documentación do modelo na Wikipedia en inglés. Recoméndoche que cambies esas referencias pola correcta co modeo adecuado. Procedo a borrar o que creaches. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:38, 3 de xullo de 2012 (UTC)

Eliminar redirección errada[editar a fonte]

Feito! Feito! Grazas a ti. Non é molestia ningunha. --. HombreDHojalata.conversa 11:27, 3 de xullo de 2012 (UTC)

Vitilixe[editar a fonte]

Miguel, vexo que en varias das páxinas que fixeches ultimamente aparece a palabra *vitiligo, e creo que é un erro, pois en galego falamos de vitilixe (se é o mesmo, que creo que si). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:36, 20 de xullo de 2012 (UTC)

Hospedeiro?[editar a fonte]

En galego hóspede é o válido segundo a RAG? Sabes ti se hai algunha referencia para hospedeiro, Miguel? Pregúntocho a raíz disto que me di o usuario Xoio. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:25, 4 de agosto de 2012 (UTC)
Moitas grazas polas explicacións, Miguelferig. O que sucede é que nos temos que nos cinguir ao que traen os dicionarios e manuais [en galego], e como referencia máxima ao que figure no DRAG, onde soamente figura hóspede (a 2ª acepción). Hóspede: organismo que alberga outra especie no seu corpo e establece unha relación de simbiose, comensalismo ou parasitismo. Entendo que non pode quedar máis ca esta palabra, hóspede, a non ser que se acheguen referencias válidas (as notas que puxo Xoio veñen de bibliografía en castelán). No momento en que a RAG acepte outras palabras, tamén aquí na wikipedia, pero antes diso creo que pouco se pode facer (remítome a que a wikipedia non é fonte primaria). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:38, 4 de agosto de 2012 (UTC)

Fosa/foxa[editar a fonte]

Para confirmar a túa proposta, no DRAG dan como sinónimos fosa e foxa para o burato na terra, pero só fosa na acepción de anatomía. Procede, logo, o cambio das *foxas anatómicas a fosas. Eu vou facer o cambio nos títulos dos artigos e se queres que me meta tamén nos contidos, dimo. Supoño que para evitar erros será mellor facer este cambio á man e non deixcalo en mans dun bot. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:42, 20 de agosto de 2012 (UTC)

  • Xa están feitos os cambios (nos títulos, no texto e nas interwikis). Espero que non se me escapara ningún. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:20, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Cadea alimenticia/alimentaria[editar a fonte]

Quería comentar contigo un tema antes de facer cambio ningún (a verdade é que non sei se xa falamos disto algunha vez). Temos os artigos Cadea alimentaria, para falar dos pasos dun alimento desde a granxa á mesa; e Cadea trófica (seres vivos que se comen uns a outros). O problema é que nesta segunda dicimos que tamén se chama "cadea alimentaria", e a tal fin temos unha Cadea alimentaria (ecoloxía) que redirixe a esa cadea trófica. A pregunta é se esta segunda é realmente cadea alimentaria ou alimenticia. Como inspector de alimentos diferencio alimenticio (que alimenta) e alimentario (relacionado cos alimentos ou a alimentación, pero que non alimenta). Neste eido, a diferenza está clara pero non sei noutros eidos. ¿Que opinas disto? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:41, 8 de setembro de 2012 (UTC)

  • Substituín o adxectivo "alimentario" nas páxinas nas que acaía mellor o de "trófico". Engadín que a cadea trófica tamén se chama alimenticia (e menos comunmente alimentaria). Espero ter recollido ben o que pensamos. Grazas e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 21:46, 8 de setembro de 2012 (UTC)

celentéreos/celenterados[editar a fonte]

Con permiso, unha pregunta. ¿Os celentéreos e os celenterados son a mesma cousa? Le, por favor as definicións do DRAG e dime se cómpre mandarlles unha nota para que o corrixan. ¿E os Cnidiarios son tamén o mesmo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:12, 11 de setembro de 2012 (UTC)

  • Podes consultar o DRAG on line aquí. Celenterados son "1. Zool. Grupo de animais que inclúe aqueles que no seu desenvolvemento embrionario non chegan á formación dun celoma. As esponxas, os cnidarios e os ctenóforos inclúense dentro dos celenterados.", e celentéreos: "1. Zool. Grupo de animais acuáticos, na súa maior parte mariños, de simetría radiada, desprovistos de celoma e co aparello dixestivo constituído por un saco. Os cnidarios e os ctenóforos pertencen aos celentéreos.". De por parte, os cnidarios son: "1. Zool. Tipo de celentéreos de simetría radiada e cunha cavidade gastrovascular, case todos eles mariños e moitos provistos de células urticantes. Os cnidarios comprenden tres clases.". Nós, temos na Galipedia Cnidarios, e celenterados remite aí; non temos celentéreos. Con estes datos gustaríame mandar un correo á RAG puntualizando esas definicións (eles agradéceno) e pedirche que revisaras o noso cnidarios e as redireccións que sexan necesarias. Grazas por todo, Pedro --Lameiro (conversa) 21:26, 11 de setembro de 2012 (UTC)
    • Perfecto. Moitas grazas. Xa lle mando eu un correo ós da RAG para que maticen as súas definicións e remitan, como sinónimos, dun ó outro. ¿Por que dis que o exemplo que usan (na definición de celenterados) é anticuado? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:16, 12 de setembro de 2012 (UTC)
      • É un luxo contar contigo. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 17:11, 12 de setembro de 2012 (UTC)

Membranas[editar a fonte]

Bos días Miguel. Bótalle un vistazo á páxina de conversa de Membrana plasmática, por favor. Xoio considera que este artigo "é unha especie de resume" de bicapa lipídica. Quere facer unha páxina de homónimos de membrana e precisa que se concreten os conceptos. Como a min me supera todo iso prefiro que o revises ti e que corrixas, se existe, esa posible mestura. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 08:33, 30 de setembro de 2012 (UTC)

HeLa e Hela[editar a fonte]

A verdade é que non che sei responder. Sei que hai algún truco para recoñeza como minúscula a incial do título (pH) pero iso non axuda no que me preguntas. Paseille a consulta a Toliño, que nestas cousas é o verdadeiro experto. Seguramente tamén o saberán outros usuarios e, con sorte, quizais lean isto, así que teremos que esperar que fale quen saiba. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:06, 3 de novembro de 2012 (UTC)

Recollo eu a consulta. Éche ben doado: Se fas a procura desde a caixa superior dá igual o uso de maiúsculas e minúsculas, irás parar (de existir) ata a páxina coa grafía semellante con maiúsculas/minúsculas. A opción que hai é premer na lupa que aparece nesa caixa ou ir ata Especial:Procurar (vas á mesma páxina) e realizar a procura coa grafía de maiúsculas/minúsculas axeitadas desde aí. O primeiro resultado da procura será a páxina á que irías seguindo o primeiro método, pero agora terás unha ligazón en vermello para crear a páxina coa grafía desexada. Coido que a explicación quedou un pouco liosa. En calquera caso, podes ver que a ligazón "HeLa" está en vermello (ata que a crees), mentres que a ligazón "Hela" está en azul. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:30, 3 de novembro de 2012 (UTC)
Grazas Toliño. Non o entendín pero o que vale é o resultado. Pedro --Lameiro (conversa) 13:32, 3 de novembro de 2012 (UTC)
Por certo, agora si importa a grafía que uses na caixa de procuras. Podédelo comprobar, se escribides "hela" ou "Hela" iredes ao artigo "Hela"; se escribides "heLa" ou "HeLa" iredes a "HeLa" (que redirixe a "Célula HeLa"). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:06, 4 de novembro de 2012 (UTC)