Conversa usuario:Miguel Mosquera Paans

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Miguel Mosquera Paans!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 13 de maio de 2019 ás 10:54 (UTC)[responder]

Autopromoción[editar a fonte]

Ola, Miguel Mosquera Paans. Por favor, non edites no artigo sobre a túa persoa. Revisa as políticas de Wikipedia en Wikipedia:Conflito de intereses e Wikipedia:Autobiografía. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13 de maio de 2019 ás 10:54 (UTC)--Miguel Mosquera Paans (conversa) 13 de maio de 2019 ás 12:09 (UTC)Xa é o colmo. Eu non fago ningunha autopromoción. Vin este artigo e corrixinno, ou é que os demáis saben mellor ca min cómo me chamo e os meus datos. Non teño intención ningunha es escribir na Galipedia, dinme de alta para corrixir erros. Trátase da miña persoa e non creo que haia moito máis que engadir.[responder]

Ola de novo, Miguel. Se les as normas, verás os motivos polos que non debes autoeditarte. --Atobar (conversa comigo) 13 de maio de 2019 ás 15:00 (UTC)--Miguel Mosquera Paans (conversa) 13 de maio de 2019 ás 15:34 (UTC)E exactamente, sr. Atobar, quen é vostede para decidir cómo me chamo. Prégolle que non volva a corrixir o meu nome.Insisto, sei mellor ca vostede como me chamo. Polo demáis poden facer ca súa enciclopedia o que lles pete, peto esixo que se respecten os datos, e polo tanto esixo que volva a poñer o "y" no meu apelido.[responder]
  • Ola, Miguel. Varias cousas: 1) Prégoche que non edites máis o teu propio artigo. 2) Le as normas que che deixei aí arriba, e en xeral, cando teñas tempos, a guía de edición. Ninguén nace aprendido, e supoño que descoñeces o procedemento correcto, por iso cho sinalo. Non ten máis volta de folla ca esa, nin hai intereses ocultos de ningún tipo. 3) O nexo entre os teus apelidos é posibe que apareza. Eu ignóroo, naturalmente. Onde polo momento non aparece é nas fontes que existen na rede e aos que nos remitimos até o de agora. Se ti estás en condicións de fornecer unha fonte máis fiable e directa, estupendo. Asunto arranxado. Só ten en conta que a Wikipedia non é fonte primaria, é dicir, aquí o que se fai é glosar a información, non creala. De todos modos, que haxa ou non un nexo entre medias dos apelidos é verdadeiramente un tema bastante menor, de modo que se dis que na túa partida de bautismo figura, non serei eu que che explique os motivos, así que todo correcto, por min que quede, mesmo sen outra referencia ca a túa palabra. 4) Por último, á hora de escribires nas páxinas de conversa, vai con coidado de non pisar texto previo e inclçue por favor a túa sinatura non ao comezo senón ao final (todas estas cuestións explícanchas tamén na guía de edición). E, idealmente, fai unha mención directa ao usuario ao que te queiras dirixir ou escribe na súa páxina de conversa (non na túa), para que dese modo nos salte o aviso de nova resposta. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13 de maio de 2019 ás 16:42 (UTC)--Miguel Mosquera Paans (conversa) 14 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC) Mire vostede, sr. Atobar, non hai fonte máis fiable ca min que, agás a nai que me paríu, saberei mellor ca ninguén, incluíndoo a vostede, como me chamo, aínda que se considere en condicións de discutirmo. Poida co nexo responda a que haia un apelido composto, pero como o vou a discutir con vostede, que busca na rede a información que está fóra dela, como por exemplo, no Rexistro Civil. De calquera xeito hai máis inexactitudes. Asegúrense por exemplo, de datos como a data de nacemento, aínda que claro, se alguén na rede puxo o que lle petou, agora seguro que para vostede será a biblia, aínda que sexa unha burrada. A Galipedia debería reflictir información veraz, o que é imposible con cerrazón teimuda de censor no canto de ca visión aberta de investigador.[responder]

--Miguel Mosquera Paans (conversa) 16 de maio de 2019 ás 15:09 (UTC)Postos a falar de min, gustaríame saber en que parte da rede di o que estudei ou onde. Sorpréme observar que hai quen afirma que, e cito textualmente "Estudou Nutrición no Instituto de Nutrición y Tecnología de los Alimentos José Mataix,[Cómpre referencia] na Open University of Advanced Sciences,[Cómpre referencia] e na Fundación Universitaria Iberoamericana[Cómpre referencia], e é Doutor en Naturopatía.[1]" e o mellor é que basean toda isa información usando como referencia o número de ISBN dun libro. Ou afirman que son "naturópata" sen explicar de onde sacan esas conclusións. Polo dagora non vou invocar o meu dereito de acceso, rectificación e cancelación, pero prégolles que deixen de escribir de min o que ignoran, e ao mesmo tempo, do que carecen constancia alguna. Por sorte o 90% da información (veraz) verbo da miña vida está fóra da rede. Se o seu é escribir do que hai na rede, adiante, pero polo menos non inventen, que xa abonda cas trapalladas que algún ten escrito.[responder]

Bloqueo e artigo[editar a fonte]

Boas, a súa conta foi bloqueada por tres meses polo uso do monicreque Luis Reynaldos que vai en contra da política Wikipedia:Monicreques. Unha vez transcorrido este prazo poderá volver editar de novo.

A maiores, coméntolle que o artigo Miguel Mosquera Paans foi revisado e arranxado para axeitalo o mellor posible ás políticas da Galipedia, se detecta algún erro ou falta algunha información que considera de interese, pode comentalo na páxina de conversa do propio artigo, achegando as referencias axeitadas, e cando un editor comprobe a información encargarase de engadila ó artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2019 ás 22:12 (UTC)[responder]