Conversa usuario:Mgl.branco/arquivo2013
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
[editar a fonte]Ola Mgl.branco.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.
Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- →
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2013 ás 08:20 (UTC)
Imaxes
[editar a fonte]Ola, Miguel! Fixen unha edición na imaxe que subiches do letreiro da Praza. Deille categorías (imaxes da parroquia de Figueroa, e imaxes de letreiros de Galiza), e deille formato ao resumo do contido. Por favor, se tiraches ti a foto, indícao onde pon 'source' co texto 'autoría propia', ou similar. Xa sería a monda se incluíses as coordenadas do lugar en que foi tomada a imaxe, como ten por exemplo estoutra imaxe. Podes arranxar as outras imaxes que subiches, dándolles categoría e formato?
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de agosto de 2013 ás 15:52 (UTC)
- Gracias!. Iriei corrixíndoo a poucos nos vindeiros días, o que vexades que falte indicádemo. Mgl.branco (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 08:19 (UTC)
- Por favor, ao subires unha imaxe, categorízaa e inclúe o marcador de información. Xa aquelei os datos de Figueiroa.png, podes arranxar ti Sarandos.png? Tamén sería bo que puxeses os topónimos conforme ao Nomenclátor oficial: *Figueiroa -> Figueroa e *Sarandos -> Sarandós. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de agosto de 2013 ás 00:17 (UTC)
- Son nado nesa parroquia de Figueiroa e especifiquei precisamente a deturpación do topónimo nunha sección por iso mismo. As etiquetas mantívenas con 'Figueroa', mais visualmente deixei para o lector 'Figueiroa' no resto das seccións. Para min non hai dúbida da deturpación do topónimo (vd. a orixe do topónimo e a cantidade de pobos co mesmo nome: 'figueiroa') e resúltame persoalmente denigrante empregalo. Mais non teño forma de especificar as reclamacións oficiais que se antepuxeron no Concello nin ningunha fonte bibliográfica que o recollese. Por iso, non estou a favor de escribir eu o topónimo deturpado. Mais corrixídeas os demais se vos parece oportuno. Mgl.branco (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 08:19 (UTC)
- Movidos a: Figueroa.png e Sarandós.png. --. HombreDHojalata.conversa 7 de agosto de 2013 ás 07:16 (UTC)
- Vin os cambios feitos nos ficheiros. A miña opinión sobre do cambio do topónimo especifiqueina enriba. Grazas igualmente. Mgl.branco (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 08:19 (UTC)
manantial -> manancial
[editar a fonte]Boas, acabo de ver os mapas que fixeches das parroquias de Sarandós e Figueroa do concello de Abegondo, e non teño máis que darche a noraboa polo teu magnífico traballo. Só unha pequena cousa, a ver se podes corrixir na lenda a palabra manantial pola forma correcta manancial. Parabéns, --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de agosto de 2013 ás 23:35 (UTC)
Castro grande de Alcaiana
[editar a fonte]Boas, quería comentarche que se o artigo que fixeches do Castro Grande de Acaiana refírese a estoutro Castro grande de Alcaiana, deberíanse fusionar. Se a forma correcta é "Alcaiana" deberíase manter como base o vello e engadirlle a información do teu. Se che parece ben podes preparar o teu artigo seguindo estas indicacións Axuda:Fusión para que un administrador os fusione. Aproveito tamén para darche os parabéns polo teu traballo. --Breogan2008 (conversa) 21 de agosto de 2013 ás 11:45 (UTC)
- Si, son. Grazas polo apuntamento xa que foi un erro meu co topónimo. Miro de fusionalos. Mgl.branco (conversa) 21 de agosto de 2013 ás 10:56 (UTC)
Datos dos ficheiros
[editar a fonte]Ola Mgl.branco/arquivo2013, grazas por subires ficheiros á Galipedia.
Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.
Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):
{{Information |Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia. |
En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.
- Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
-
- Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
- No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
- Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
- Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
- Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses.
- Garda a páxina
Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).
Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 24 de setembro de 2013 ás 12:04 (UTC)