Conversa usuario:Martiztarra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Martiztarra!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 13:30, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Por favor, non volvas desfacer edicións boas (que amais veñen de usuarios experimentados). O espírito da wikipedia é eminentemente cooperante. Este, como sabes, é un proxecto colaborativo. Se tes dúbidas, pregunta. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:45, 9 de xullo de 2010 (UTC)

Que estás a facer no artigo de Nigel Short? Estás a pedir referencias e a marcar para borrado cando es ti mesmo quen creou o artigo e quen chatou eses contidos. Por que non procedes a fornecer as referencias onde cumpra e listo? Se necesitas axuda, pídea. Ninguén nace aprendido. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:31, 9 de xullo de 2010 (UTC)
A que xogas[1]? Modera e pensa que isto é un proxecto colaborativo e que difamar non ten pase, porque ese marcador é unha falacia. Procedo a retiralo e por favor modifica ti o resto do artigo pensando na comunidade e non na túa teima particular. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:39, 9 de xullo de 2010 (UTC)
Se volves meter un marcador falso e obvias as mensaxes que se che deixan na páxina de conversa, serás bloqueado. Por favor, recapacita e edita con xeito, que aquí estamos para nos axudarmos. --Atobar (conversa comigo) 17:18, 9 de xullo de 2010 (UTC)

Nome de usuario e contrasinal[editar a fonte]

No te preocupes polo lixo, porque non hai tal. Toma un tempo se queres e aproveita para revisar as políticas e ler a guía de edición, que seguro che quita moitas dúbidas e aclara moitos conceptos. Tela aí arriba, ao comezo desta mesma páxina de conversa. Vólvoche dicir o mesmo: ninguén nace aprendido, e precisamente por iso outros editores, entre eles eu mesmo, estamos a che explicar como funciona o proxecto. Iso: le a guía de edición e pregunta canto queiras. Falamos e benvido outra vez á Galipedia. --Atobar (conversa comigo) 17:46, 9 de xullo de 2010 (UTC)

Colaboración[editar a fonte]

A edición de Estevoaei é boa (non pode haber ligazóns externas no corpo do texto, todo o máis ir como notas ou referencias). [2]. As edicións de Nonso91, que case sempre son arranxos lingüísticos, tamén. Amais de che corrixir fallos de relevo (ex.:(...)o significado que houbese tido o evento.) fixo unha redacción máis sinxela nalgúns puntos. En todo caso, mesmo se as achegas foron menores, ten en conta que a redacción non é exclusiva de ninguén. O que se respecta son as opción Galiza/cia, ble/bel, até/ata e outras formas duplas, pero non a redacción íntegra. As cousas melloran cantos máis colaboradores se preocupen delas.[3]. Máis, canto a Goresqui, mesmo se non mellorou gran cousa o seu par de edicións, non dubides de que el, coma todos, tratou de mellorar a redacción, non de impor o seu criterio persoal.[4]. Comentas tamén o que me indica Nonso91 na miña páxina de conversa, que é unha petición para que revise o que parece unha guerra de edicións. Pídema se cadra porque sabe que son administrador e como tal teño unha certa responsabilidade para mediar neste tipo de conflitos. Como ben dis, aó non ten que haber nada que obxectar. E a miña reversión das túas edicións ten unha explicación ben sinxela: cando as cousas non están claras, un bo modo de comezar con bo pé é retomar a última edición segura e xa a partir de aí informar a quen competa, repoñer o que caeu polo camiño e deixar o que é seguro. Todo isto para dicirche que, por riba de todo, un dos piares da wikipedia cita a necesidade de confiar na boa fe dos usuarios, cousa que che pido, porque, como ves, todo ten unha explicación e os editores activos deste proxecto en concreto, a Galipedia, asegúroche xa mesmo que son do máis serio e sobre todo do máis respectuoso. Unha última cousiña xa noutra orde de cousas: a wikipedia non é unha fonte primaria de información, co cal non vale como referencia outra wiki. Ánimo e a editar, non só neste artigo senón tamén en moitos outros. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:05, 9 de xullo de 2010 (UTC)


Boa noite Martiztarra! Ao fío, do que falabades ti e máis Atobar, quéroche comentar que, após revisar as edicións por min feitas, en ningún caso cometín o erro ou, ás veces tentación, (os correctores adoitamos ter as nosas neuras), de me saltar ás toas ningún caso de dupla escolla léxica (os sufixos bel-ble, ata ou até...etc.). Se se dese algún caso así de que vises que te modifiquei algunha palabriña destas, entón poderiamos falar de que non respectei a escolla do primeiro editor. Así e todo, cando vexas que fago un cambio destes normalmente é pola coherencia no texto, é dicir, que se nun texto hai formas oscilantes entre -bel, -ble ou ata ou até reduzo e simplifico a unha escolla quer -bel quer -ble, e sempre baseándome no estrito criterio de dependendo da forma que máis predomina trocar as minoritarias ou voltar á primeira edición e pescudar cal foi a que o primeiro editor empregou, se se dá o caso que nese artigo houbo varios editores que puideron meter "interferencias" nos casos de, como eu as chamo, "palabras de dupla escolla".

Ora ben, unha cousa son este tipo de cambios e outra ben distinta que, por riqueza léxica e para dotar de maior calidade o artigo, no caso de que atope reiterativamente un uso excesivo dunha palabra como "alcanzar" mais non outros sinónimos igualmente válidos como "atinxir", "acadar", "obter"...ou outras expresións semellantes, daquela, aí si que, para unha maior riqueza, expresividade e calidade do artigo recorro a outras formas. Como ocorreu nunha das miñas edicións. Mais curiosamente, na edición que me reverteches non hai ningún exemplo nin de dupla escolla, nin de modificación por sinonimia; olla [5]. Xa que logo, esa reversión polo menos estaba sen xustificar. Se a todo isto se lle engade que, xeralmente, cando un editor fai unha reversión, este, para que non haxa sensación de que se está a entrar nunha guerra de edicións, como me ocorreu a min, acostuma indicar o por qué da reversión onde pon resumo. De todos os xeitos, unha reversión só se adoita facer cando todo o inserido no artigo, ou unha grandísima parte dos cambios aportados polo anterior editor están claramente mal, se non é así, faise unha modificación puntual no que se cre que se ten que cambiar e listo. Pero nunca borrar todo, por que dá a sensación, do que che dicía, de ben que o outro ten ganas de guerra de edicións ou ben que non acepta cambio ningún. E antes diso, é mellor coller, achegarte pola súa páxina de conversa e preguntar polos cambios que introduciu ou dicirlle que non se está conforme cos seus cambios.

Dito isto, e como che dicía Atobar, lembra, por favor, que todos os nosos compañeiros están/estamos obrando con boa vontade e sempre con ánimo de nos axudarmos os uns aos outros, eu gosto de pensar que somos como un grande equipo, xa que logo, e dígocho pola miña experiencia, nunca tentamos amolar o outro, erramos si, mais nunca tentamos nin o mal dos artigos nin amolar outros compañeiros editores.

Pois máis nada, meu. Espero que isto non te vaia botar para atrás no de colaborares por aquí, a Galipedia pódeche abraiar do moito que che pode ofrecer e ti, e ti a ela. Moitos saúdos compañeiro e para o que queiras xa sabes ;-). --Nonso91 21:55, 9 de xullo de 2010 (UTC)

Entrevistas[editar a fonte]

A ver se podes arranxar este problema, Martiztarra. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 09:15, 16 de xullo de 2010 (UTC)

Martiztarra, non son os nosos criterios, senón os criterios da Galipedia; trátase de consensos aos que os distintos editores que pasaron por aquí puideran chegar. Isto apúntocho para que non sobrevoen dúbidas sobre o que pode ou non pode haber ou o que entra ou non entra no formato. Na guía de edición e nas diversas normas e políticas, telo todo. O usuario HombreDHojalata coñézeas case de memoria, moito mellor ca min. Así que se tes dúbidas, pídelle que che indique onde para tal ou cal política. E xa entrando no da entrevista, podes facer unha acotación dunha frase, citar un parágrafo dunha resposta ou empregala como referencia sobre o que ti redactes coas túas palabras, mais non podes chantar un pedazo sen máis. Un saúdo e aquí me tes para o que precises. --Atobar (conversa comigo) 16:32, 16 de xullo de 2010 (UTC)
Bo día. Podes fincarlle o dente e pasar o tocante á PCA a un artigo de seu? Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 08:54, 18 de xullo de 2010 (UTC)

Política de sinaturas[editar a fonte]

Ola Martiztarra.

A túa sinatura "E isto (como se mira?)" incumpre a política oficial da Galipedia Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa#Contido "A sinatura debe conter o nome de usuario...". Por favor modifícaa.

Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 11:07, 16 de xullo de 2010 (UTC)

Nigel Short[editar a fonte]

Martiztarra, o artigo que creaches está moi ben, pero conforme á relevancia que se lle supón, xa vai abondando. Non o dou atopado agora, pero en algures está dito que os usuarios debemos tratar de diversificar as nosas edicións e non vir cunha folla de ruta predefinido. Ollando para as túas edicións, parece claro que estás centrado neste personaxe case en exclusiva[6] e por iso che pido que tamén comeces a traballar noutros artigos que ben poden ser doutras temas de xadrez, de fúbtol, biografías de políticas ou o que che pete. Amais, como che dicía, o artigo de Short xa está moi ben trazado e seguir meténdolle datos pode terminar por ser contraproducente. Le isto[7] no que se refire a listaxes excesivas e en parte tamén a reportaxes informativas. Toma esta mensaxe coma o que é: unha felicitación pola creación e mellora dese artigo e un consello para que gañe o proxecto. Un saúdo e para calquera cousa non tes máis ca preguntar. --Atobar (conversa comigo) 14:03, 27 de xullo de 2010 (UTC)