Conversa usuario:María Baldomir

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, María Baldomir!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Ola, e benvida a Galipedia, espero que desfrutes neste proxecto como todos nos.

Vin que iniciabas un artigo sobre a Prehistoria en Galicia. Xa esxiste un artigo sobre o tema polo que cre o deberías ver e mellorar sen duplicalo Galicia Prehistórica.

Estiven estos días facendo subcategorías de Historia de Galicia, para ver o que hai creado podes ir navegando a través das categorias (aparecen abaixo de todo dos artigos. Deíxote un aceso para que o poidas ver Category:Historia de Galicia. As categorías funcionan como árbores coas súas ramas que a súa vez recollen os artigos sobre o tema. Podería ser moi útil que revisases as divisións xa que eu non son mais que un afeizoado e fun facéndoas según os artigos que había e tratando de respetar un template sobre a nosa historia

Historia de Galicia

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

...

Bueno mais nada, se tes algunha dúbida pódeste dirixir aos administradores ou a calquera do s editores, como eu que dentro do posible trataremos de axudarte. Un cordial saúdo. --Lansbricae 20:50, 12 abril 2007 (UTC)

P.D. Os templates son caixas de datos sa predeseñadas que se poden usar nos artigos co seu nome entre {{}}.

Para poder falar cos editores podes usar a súa páxina de discusión que como a túa aparece na segunda pestana a dereita da túa páxina de usuario. Estas páxinas tamén existen nos artigos para aclarar dúbidas (podes ver un exemplo no artigo sobre galicia destacado do mes Talk:Pedro Madruga. Ánimo que ao principio costa un pouco pero despois verás que non é tan difícil.

Resposta.[editar a fonte]

Non hai de que, eu so fixen un copiar e pegar, agora un administrador refundirá os historiais dos artigos. Non te preocupes polos erros que se sempre se poden arranxar, ainda que no teu caso eu non os vexo. Gústame a capacidade de sintése e a claridade coa que estás redactando o artigo. Ánimo que no tema de Historia de Galicia hai moito que facer e eu son un afecionado, per creo que entre todos podémoslle dar un bo pulo ao tema. Un afectuoso saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 11:03, 3 maio 2007 (UTC)

Cultura Castrexa... e moitos outros[editar a fonte]

  • Non tes que pedir permiso para modificar un artigo. Os artigos non son de ninguén; alguén enceta-os e o resto da comunidade mellora-os, sen máis. Benvida a modificar Cultura Castrexa... e todos os que poidas! Saúdos. --Xosé (✉) 16:25, 17 xullo 2007 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola María Baldomir. O próximo 4 de marzo cúmprese un ano desde a túa primeira edición neste wiki. Quero lembrar nesta data as túas contribucións. Non é preciso que sexan moi numerosas para seren valiosas para o proxecto. Por iso esperamos volver a verte por aquí. Calquera axuda ha ser moi importante para nós. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:19, 25 febreiro 2008 (UTC)