Conversa usuario:Lopezsuarez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Lopezsuarez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 24 de setembro de 2021 ás 02:10 (UTC)[responder]

Data de nacemento de Íñigo Quintero[editar a fonte]

Ola, :) Moitas grazas por editares o artigo de Íñigo Quintero. Corrixín a data de nacemento que puxeches aínda que ben pode ser que ti teñas razón. Eu puxen unha fonte onde se dá esa data de nacemento, 2001 (fonte da que me fío algo, pero non completamente). Se ti atopas fontes que digan que é 2000, por favor, achégaas e corrixe o dato.

Con respecto a de onde é o paisano, pois... na Galipedia séguese ese estándar: de cadaquén dise o estado onde naceron, agás cos galegos. Creo que quizais tería máis sentido que no caso dos galegos precisásemos máis (e dixésemos coruñés, neste caso), pero bueno... o estándar é o que é e non o imos mudar agora. Por iso revertín ese cambio teu.

Se tes calquera dúbida, aquí estou. :) Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 25 de outubro de 2023 ás 06:26 (UTC)[responder]

@Xabier Cid: dis "na Galipedia séguese ese estándar: de cadaquén dise o estado onde naceron, agás cos galegos"; @Lopezsuarez: procede a modificar o artigo seguindo ese estándar. Ah, pero ti dis "o estándar é o que é e non o imos mudar agora. Por iso revertín ese cambio teu." Soa contraditorio. Se o estándar é indicar que as persoas galegas son galegas, a edición de Lopezsuarez está ben feita. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 25 de outubro de 2023 ás 06:53 (UTC)[responder]
Ola, @Estevoaei :) Ou eu entendín moi mal, ou Lopezsuarez mudou de galego a español. Ou iso foi o que quixen reverter. :) Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de outubro de 2023 ás 18:32 (UTC)[responder]