Conversa usuario:Kirita22

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Kirita22!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 13:20, 27 de novembro de 2011 (UTC)

Pregunta[editar a fonte]

Ola, Kirita22. Tes algunha relación con Xesús Constela? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:03, 27 de novembro de 2011 (UTC)

Kirita22, antes de seguires editando no artigo, respóndeme por favor. --Atobar (conversa comigo) 21:22, 27 de novembro de 2011 (UTC)

Axudiñas[editar a fonte]

Ola Kirita.

Dúas cousas.

Para que che funcionen as ligazóns internas nos títulos tes que poñer os apóstrofos por fora dos corchetes:

Así: [[''As humanas proporcións'']] non funciona: ''As humanas proporcións''
Así: ''[[As humanas proporcións]]'' si: As humanas proporcións

Por outra banda, abonda con ligar cada concepto unha soa vez en cada artigo, a primeira que aparece. Tes máis información en Wikipedia:Guía/Ligazóns internas.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 08:41, 28 de novembro de 2011 (UTC)

Conflito de intereses[editar a fonte]

Xesús, deberías absterte de editar artigos sobre a túa persoa. Tes máis información en Wikipedia:Conflito de intereses.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 12:09, 28 de novembro de 2011 (UTC)

E agradecémoscho, pero procura facela medrar noutros artigos que non falen de ti ;-)
A seguir --. HombreDHojalata.conversa 12:19, 28 de novembro de 2011 (UTC)
Permitidísimo. Os contidos das wikipedias publícanse con licencia que permite empregalos en calquera lado, facer obras derivadas deles e mesmo un uso comercial. Iso inclúe empregar os contidos dunha na outra.
Cando teñas tempo, vaille botando un ollo ó libro de estilo. --. HombreDHojalata.conversa 12:30, 28 de novembro de 2011 (UTC)
Moi boas. Vexo que xa che explicou HombreDHojalata o problema do conflito de intereses. En todo caso, non te preocupes. É algo que pasa seguido, e para o que, cando o persoeiro o merece, acabamos atopando solución. Se che parece, o que vou facer é borrar o teu artigo para o refacer eu mesmo dada a relevancia da túa persoas para a wiki en galego. No futuro, se quixeres modificar algo sobre o teu artigo ou sobre aqueles doutra xente coa que gardes un vínculo evidente (de familiaridade, amizade etc.), o seu é comentar e propor na páxina de conversa para que outro se encargue de incluír eses cambios. Un saúdo e para calquera dúbida aquí nos tes. --Atobar (conversa comigo) 10:27, 29 de novembro de 2011 (UTC)
Finalmente optei por non borrar nada e refacer minimamente o que había (por ser unha ip anónima a creadora do artigo). O dito, para calquera cousa, sobre todo nos comezos (que a todos nos custan), pregunta. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:37, 29 de novembro de 2011 (UTC)