Conversa usuario:Isabel.paz.varela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Isabel.paz.varela!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 19 de marzo de 2019 ás 13:54 (UTC)[responder]

Conversas[editar a fonte]

Boas, desfixen a tua edición na paxina de Chairego porque as mensaxes hai que deixalas nas paxinas de conversa. É a lapela que pon "conversa". En que precisas axuda? Podes responderme aquí mesmo debaixo do meu comentario. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2019 ás 17:38 (UTC)[responder]

Ola! Se alguén me pode axudar? Teño que facer unha entrada na galipedia sobre o Grupo Roma, a información xa a teño, mais non sei moi ben como vai isto. Grazas.--Isabel.paz.varela (conversa) 20 de marzo de 2019 ás 19:09 (UTC)[responder]

Refíreste ó Grupo de Roma de física nuclear? Para comezar un artigo podes mirar o que se indica en Axuda:Como_editar_unha_páxina#Como_crear_unha_páxina_nova. Lembra dúas cousas importantes: non se poden incluír contidos con dereitos de autor nos artigos, e debes engadir referencias (Axuda:Citas ao pé) a eses contidos. Se precisas máis axuda, dimo :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2019 ás 21:40 (UTC) Ola! Acabo de editar a entrada do Grupo Roma, non sei se estará ben así? Quixen insertar fotos mais non souben facelo, so engadin a ligazón. Podesme dicir como facelo? Grazas saudos--Isabel.paz.varela (conversa) 6 de abril de 2019 ás 18:00 (UTC)[responder]
Boas de novo, antes de seguir co artigo, penso que deberías revisar o que se indica en Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Relevancia xeral, Wikipedia:Relevancia enciclopédica, Wikipedia:Política de uso de imaxes e quizais tamén che afecte Wikipedia:Conflito de intereses. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2019 ás 22:56 (UTC)Ola! O artigo que editei forma parte dun traballo para unha asignatura da facultade, eu non teño ningún interés en promocionar a ninguén e a escasa información que teño foi a que puiden encontrar nesas páxinas e libros, xa que o tema non foi elixido por min, foime asignado, con respecto as fotos, escaneeinas dun libro, xa que non encontrei fotos na rede. Hei de mirar de solucionar o que esté mal, mais non hai mala idea, so falta de información.Grazas,saúdos.--Isabel.paz.varela (conversa) 7 de abril de 2019 ás 07:28 (UTC)[responder]
Volvo repetirche que debedes revisar as páxinas sobre a relevancia e de uso de imaxes. Entendo que non haxa mala idea, pero hai que ter en conta que isto é unha enciclopedia na que hai que achegar artigos con relevancia enciclopédica, este proxecto non é unha plataforma de estudo nin un repositorio de páxinas, e este é o primeiro dos cinco piares de todas as Wikipedias, Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2019 ás 07:36 (UTC)Ola! Acabo de revisar o das fotos, creo que quen tedes que eliminar o contido sodes vos, os administradores... Facede o que creades conveniente. As miñas mais sinceras desculpas mais os meus coñecementos de informática deixan moito que desexar e eu si que non teño culpa de que me manden facer estes traballos para poder superar unha materia. Desculpas, de novo. Grazas,saúdos.Ola! Desculpa que te moleste outra vez mais intentei inserir a fonte e marcame o isbn como erróneo. Intentei tamén engadindo|ignore-isbn-error=true e tampouco me permite engadir a fonte. Que fago mal? Grazas, saúdos.--Isabel.paz.varela (conversa) 7 de abril de 2019 ás 20:18 (UTC)[responder]
Onde queres engadir a fonte? Que fonte? Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2019 ás 21:54 (UTC)Ola, quero engadir o libro de onde escaneei as fotos mais non me deixa porque di que o isbn e erróneo. O libro é Breve História do Reintegracionismo de Tiago Peres Gonçalves do ano 2014 e con isbn 978-84-87305-84-9, xa o intentei de todas as formas que mencionades mais non me deixa. Que pode ser? Grazas.--Isabel.paz.varela (conversa) 9 de abril de 2019 ás 18:11 (UTC)[responder]
Quero dicir, en que artigo queres engadir esa fonte? Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2019 ás 23:08 (UTC) OLa! Na entrada GRUPO ROMA, ainda que xa borrastes a foto... Grazas,de todos os xeitos. Xa che direi a nota que me poñen. Baixa porque corrixe como lle da a gana e por riba eu non asisto a clase e xa me califican distinto. A ver se aprobo...[responder]