Usuario:Isabel.paz.varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

GRUPO ROMA[editar | editar a fonte]

O Grupo Roma foi un grupo de padres, seminaristas e laicos galegos residentes en Roma na década dos 70 que asinaron un documento en defensa da integración cultural galega.

ORIXE[editar | editar a fonte]

O Grupo Roma ten a súa orixe na preocupación pola recuperación do galego como lingua vernácula no eido da Igrexa Católica, que se viu favorecida pola celebración do Concilio Vaticano II, no que se establece que a liturxia sexa nas linguas propias de cada lugar.

HISTORIA[editar | editar a fonte]

O Grupo Roma ou os 13 de Roma, que máis tarde asinarían os seus documentos como Os Irmandiños, foi un grupo de 13 persoas vinculadas á Igrexa que asinaron o "Manifesto pola sobrevivencia da cultura galega"[1], coñecido como o Manifesto dos 13 de Roma, que se publicou en castelán en "Cuadernos para el diálogo" e en galego-portugués en "Seara Nova". Neste escrito defendíanse medidas para equilibrar a presenza do galego-portugués e o castelán no ensino, na administración, nos medios de comunicación e na Igrexa, insistindo en restablecer o contacto co mundo luso-brasileiro.

Este colectivo de clara ideoloxía galeguista, mantiña un posicionamento público antifranquista e vai publicar no ano 1968, a petición de Alonso Montero, unha colaboración sobre a situación do galego na Igrexa que aparecerá no libro "O porvir da lingua galega". Este grupo estaba formado polas seguintes persoas:

José Martinho Montero Santalha (principal impulsionador), Antonio Busto Salgado, Maca Cabaleiro, Joao Currais, José Manuel García Álvarez, Jesús García Castro, Manuel García Otero, Jorge Joao Gómez Gude, Ricardo Martínez Valcárcel, Marcial Portela, Uxío Romero Pose, José Antonio Salgado e Joao Trilho.https://commons.wikimedia.org/wiki/File:GRUPO_ROMA.jpg

OBRA[editar | editar a fonte]

Este grupo de intelectuais galegos, aproveitando a súa estadía en Roma, onde coinciden por diversos motivos, van aunar esforzos nun interés común que será o traballo en prol da dignificación do galego no ámbito eclesiástico.

Levarán a cabo labores de traducción de textos relixiosos e elaborarán textos homiléticos que serán asinados con nome colectivo de "Os Irmandiños", nome que será proposto polo párroco de Aguiño, Francisco Lorenzo Mariño.

Moitos destes traballos han ser publicados nas revistas de pensamento cristián "Boa Nova" e "Encrucillada".

O "Manifesto" foi unha das últimas actividades do grupo. Foi escrito por Montero Santalha e asinado por todos os membros do grupo.

"Entregueilles unha copia do texto e fomos de merenda á cidade romana de Ostia Antica, onde foi lido en voz alta e comentado" Montero Santalha.

A día de hoxe, só Martinho Montero Santalha segue vinculado á lingua.

https://commons.wikimedia.org/wiki/File:DocFile_(1).jpg

NOTAS[editar | editar a fonte]

www.estrolabio.blogspot.com/.../sempre-galiza-coordonacao-de-pedra-.-

www.ecodepontecaldelas.wordpress.com

www.pglingua.org

www.tabeirosmontes.com

www.agal.gz.org

www.bug.udc.es

www.blogoteca.com

www.academiagalega.org

Gonçalves,Tiago Peres(2014)"Breve historia do reintegracionismo", Associaçom Galega da Língua.

José Ramom Flores das Seixas(Coordenador), Joseph Ghanime Lopes, Beatriz Peres Bieites, Valentin Fagim Rodrigues e Eduardo Sanches Maragoto (2014). "Quês e porquês do reintegracionismo", Associaçom Galega da Língua.