Conversa usuario:Galleguiña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Galleguiña!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:54, 26 de abril de 2011 (UTC)

Airas Bispo[editar a fonte]

Ola, Galleguiña. En primeiro lugar, para comunicarte con outros usuarios é mellor que empregues as páxinas de conversa dos usuarios, no canto de facelo por correo electrónico, deste modo outros usuarios poden ver a mensaxe e participar enriquecendo o debate. Por outra banda, se miras no historial do artigo Airas Bispo verás que o seu primeiro editor foi o usuario:Xabier Cid e non eu, eu limiteime a reverter dúas edicións erróneas. Seguindo con Airas Bispo, ti aquí modificaches o artigo para dicir que naceu en Compostela, cando hai unha nota a pé de páxina cunha ligazón externa que serve de referencia para defender que naceu en Teo. E outra cousa: na Galipedia, cando se fala de persoas galegas, adóitase dicir que son galegas. Por ese motivo o usuario:Atobar tivo que modificar de novo a túa edición para recuperar os datos correctos. Se tes algunha dúbida podes comunicarte comigo na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:38, 26 de abril de 2011 (UTC)

  • É a terceira vez que eliminas unha referecia e realizas o mesmo cambio. [1] Por favor, achega unha referencia válida e non volvas actuar así. --Atobar (conversa comigo) 09:33, 29 de abril de 2011 (UTC)

Ola Galleguiña.

Onde era a residencia habitual dos pais de Airas cando naceu?

Ese é o dato que conta para o lugar de nacemento, non a ubicación do hospital. Os hospitais están todos nas grandes cidades. Se considerasemos a do hospital coma localidade de nacemento todos teríamos nacido nas capitais--. HombreDHojalata.conversa 09:59, 29 de abril de 2011 (UTC)

  • O que che comenta o usuario HombreDHojalata aí arriba é o que se fai en todas e cada unha das enciclopedias minimamente serias. Antigamente, paríase na casa e polo tanto non había dúbida, pero dende hai xa bastantes anos nacemos todos en hospitais, no máis próximo por regra xeral. Así, a xente de Portomarín ou de Rábade nace en Lugo e os de Sanxenxo seguramente vaian para Pontevedra. O caso do teu fillo imaxino que non debe de ser moi distinto, sobre todo se efectivamente vive ou vivides en Teo. Despois, canto do tema do padrón, resulta moi relativo. Un exemplo: o millonetis Fulano pode levar toda a vida no Incio pero estar empadronado en Madrid ou País Vasco por un tema tributario, pero, como sabes, iso non fai que na enciclopedia pase a ser residente en Madrid. Con todo e iso, esta é unha polémica menor, polo que deixei estar o que puxeches engandindo un apuntamento. E permíteme unha pregunta ao biés: o teu nome de usuario é Galleguiña, do que tiro que es galega, e polo tanto quédame a dúbida de por que razón non nos escribes en galego? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:30, 2 de maio de 2011 (UTC)

He contestado en otro sitio, pero no manejo bien la página, así que vuelvo a indicarlo aquí. Airas nació en Santiago, sus padres y él residen y han residido TODA su vida en Santiago, incluso estudia en un colegio de Santiago. En Teo sus padres tienen una casa, que NO es su residencia habitual ni residen en ella permanentemente. Nuestro domicilio está en el Barrio de Conxo en Santiago de Compostela. Es tan bueno ser de Santiago, como de Teo o como de Lugo, pero el único dato cierto respecto a Airas es que es de Santiago. Si pudiera elegir de dónde quiere decir que es sería de Cambados (Pontevedra). En cuanto al gallego, mi lengua materna es el español, en ella me siento más segura escribiendo, en gallego debo leer lo que escribo cinco veces para poder hacer algo mínimamente correcto gramaticalmente. Gracias por vuestras aportaciones—o anterior comentario sen asinar foi feito por Galleguiña (conversacontribucións)

  • Sería de axuda se puideses achegar algunha referencia (documento escaneado, por exemplo) de que Airas naceu e vive en Compostela. Outramente, o que faríamos sería quitar unha referencia de prensa válida para escribir o que di unha usuario nova, e iso supoño que entendes que non ten moita lóxica. Non poño en dúbida nin moito menos que sexas a nai e que saibas mellor que calquera de nós onde vive o teu rapaz, o que che pido é que nos achegues unha referencia, a que sexa, que se poida confirmar para así desbotarmos o dito polo Correo Galego. Un saúdo e que non che esqueza asinares as mensaxes logo de escribilas. --Atobar (conversa comigo) 11:31, 3 de maio de 2011 (UTC)
    • Discordo, tampouco hai que ... Non creo que ninguén teña que amosar documentación persoal, e menos se estamos a falar dun menor de idade. A medida que o actor colla relevancia xa aparecerán referencias en fontes acreditadas--. HombreDHojalata.conversa 14:58, 3 de maio de 2011 (UTC)