Conversa usuario:Davidhuesi

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Davidhuesi!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 25 de febreiro de 2021 ás 19:45 (UTC)[responder]

Xiao Varela[editar a fonte]

Ola, Davidhuesi. Por favor, no artigo Xiao Varela, non elimines información ao chou. É a segunda vez, que eliminas e modificas as mesmas cousas sen máis. Aínda que estimes que é unha información errónea, está referenciada. Se tes algo que comentar, pódelo facer na páxina de conversa do artigo e se estimas que a información é incorrecta, aporta outras referencias. Ese é o procedemento. De non facelo, estás a entrar, sen máis, nunha guerra de edicións. Por outra banda, na Galipedia, animamos a que todo o mundo participe pero tes que entender que hai unha serie de procedementos establecidos. Un cordial saúdo.--MAGHOI (conversa) 28 de febreiro de 2021 ás 19:52 (UTC)[responder]

--Davidhuesi (conversa) 4 de marzo de 2021 ás 10:35 (UTC) Boas --MAGHOI Gracias pola información. As miñas desculpas a respecto do procedemento, como ben podes ver, son novo por aquí. Ainda non sei moi ben como funciona todo esto. Así que, insisto, gracias pola información. A respecto da entrada que estaba editando, puxen a información que consideraba errónea indicando o mesmo, que era errónea. É complicado, seguro que ben o sabes, desmentir unha noticia de prensa, máis aínda sendo LaVozDeGalicia. O que sí fixen foi consultar coa persoa directamente afectada. Mandei email, e contestou que, efectivamente, a información da noticia non é correcta. Poño aquí a contestación; "En primeiro lugar, grazas pola iniciativa, a verdade é que nunca me molestei en verificar nen completar o texto da entrada e agradécese que alguén se preocupe por facelo.[responder]

Revisei a nova de La Voz e, efectivamente (como tantas veces me sucedeu na miña etapa no goberno municipal da Coruña) non é veraz.

Na nova di exactamente, con respecto a min: "El número tres de su lista, Xiao Varela, colaboró con el BNG en la concejalía de Urbanismo durante el bipartito herculino, además de ser miembro del colectivo Atreu, de ideología nacionalista-independentista"

A verdade é que nunca militei nen formei parte de ningunha organización política con anterioridade á Marea Atlántica, nen colaborei co BNG na concellería de urbanismo durante o bipartito, (se non lembro mal, a concellería de urbanismo foi responsabilidade do PSOE durante o bipartito), tampouco fun socio da Asociación Sociocultural Atreu, como di o artigo, polo tanto A información é infundada e falta de rigurosidade e polo tanto estaría encantado de que se modifique.

Grazas de novo polo teu interese."

Entón?

Ola, de novo, Davidhuesi. Hai varias cousas a comentar. O que formulas sobre a veracidade é o gran problema que se dá en calquera enciclopedia. Por iso, unha das máximas da Galipedia é, ao non ser unha fonte primaria nin basearse en testemuños orais, é o das referencias. E efectivamente, pode haber referencias incorrectas ou falsas. Neses casos, cando se ten constancia, e parece ser o caso, hai que conseguir outras referencias para contrapór e poder retirar o anterior contido ou engadir eses outros argumentos. En resumo, ao estar referenciado, váiselle pór unha advertencia ao artigo. E a partir de aí, serán as novas edicións as que irán corrixindo iso. Neste senso, anímote, se che interesa, a que pesquises novas informacións e referencias e llas vaias engadindo ao artigo

Por outra banda, aínda que me chegou o teu comentario, o procedemento correcto, sería que respostaras na miña páxina de conversa (pois o comentario é para min) ou aquí, se o encabezas coa "arroba" -@- pegada co meu nome de usuario. Ao rematar o comentario, cómpre asinar como se che indica no esquema de benvida nunha das bandas azuis, ou premendo tamén nos signos onde se indica "Asine as súas mensaxes nas conversas". Máis nada, anímote a que non te cortes e comeces a editar coma un poseso, nese artigo ou noutros. Calquera dúbida que teñas non teñas conta por preguntar. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 4 de marzo de 2021 ás 12:35 (UTC)[responder]