Conversa usuario:David Díez Nieto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, David Díez Nieto!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18 de setembro de 2017 ás 08:45 (UTC)[responder]

Vandalismo[editar a fonte]

Fuches bloqueado durante un día por retirar información referenciada de forma reiterada. --Atobar (conversa comigo) 18 de setembro de 2017 ás 08:45 (UTC)[responder]

Hola --Atobar Hemos intentando editar en varias ocasiones, siendo nuevamente, al estado original una información no contrastada. La publicación en concreto es https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Negreira

y el tema en discordia es.

En 2009 foi investigado por corrupción dentro do caso Gürtel [2], pola súa suposta relación con Pablo Crespo, un dos principais imputados neste caso.[3].

Figuraba en un principio en un apartado llamado Trayectoria Polemica, y finalmente posicionar en el apartado de Trayectoria.

A petición de Don Carlos Negreira Souto, solicita que ese texto no aparezca, ya que el nunca fue ni imputado, persona juridica que en la actualidad se denomina, investigado, y que desde la fecha, no tiene constancia aun se que eso ocurriera. Entendiendo que transcurridos 8 años desde aquella publicación en prensa y no tener ninguna notificación judicial al respecto sobre esa información, la publicación en Galipedia del mismo causa un daño en su imagen. Esperamos poder resolver este asunto de forma amistosa, siendo la intención del señor Negreira que sea ese modo.

Por lo tanto nuestra insistencia en editar la publicación.

Un saludo.--David Díez Nieto (conversa) 18 de setembro de 2017 ás 10:20 (UTC) 18 de setembro de 2017 ás 12:20 (UTC)[responder]

Ola, David. Para asegurarte de que os demais usuarios leamos (mediante aviso de nova mensaxe) as respostas que escribas, cómpre que deixes as mensaxes na propia páxina de conversa de cada usuario (non na de teu). Polo demais, maticei, consonte á información recollida na páxina da Cadena Ser, que se trata dunha investigación alentada polo Tribunal de Contas e non dunha notificación xudicial. Tamén aproveitei para actualizar o artigo e dispoñer a información, na medida do posible por orde cronolóxica. Se quixeres engadir novos datos de relevancia ou corrixir algo xa existente, adiante; tan só non te esquezas de referencialo, porque a Wikipedia non é fonte primaria (non se admiten investigacións orixinais), polo que todo o que aquí figura se recolle doutras webs, libros, fontes e recursos diversos. O que en ningún caso podes facer é retirar contido previo referenciado nin entrar nunha guerra de edicións (motivo do actual bloqueo de 24 horas). Se tes calquera dúbida, só tes que preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18 de setembro de 2017 ás 11:52 (UTC)[responder]