Conversa usuaria:Creandoentradas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvida á Galipedia, Creandoentradas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 8 de maio de 2018 ás 17:53 (UTC)[responder]

Programa educativo da Galipedia[editar a fonte]

Este usuario participa nun proxecto pedagóxico da Galipedia

Axuda do editor visual
Aquí está a axuda do editor visual: Axuda:Introdución.


Os proxectos pedagóxicos
Aquí está toda a documentación dos proxectos pedagóxicos da Galipedia: Wikipedia:Proxectos pedagóxicos

Benvido tamén pola miña parte Creandoentradas, déixoche enriba un par de ligazóns que poden serche de utilidade, principalmente a segunda dos proxectos pedagóxicos, e se precisas axuda podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2019 ás 23:54 (UTC)[responder]

Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos[editar a fonte]

Boas de novo, déixoche este novo comentario na túa conversa para dicirche que na Galipedia temos outro proxecto que pode ser do teu interese, o Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos. Este proxecto céntrase en mellorar a calidade dunha lista duns 1000 artigos que se consideran de interese no currículo galego do alumnado destas idades. Precisamos axuda tanto para revisar e axeitar mellor a lista de artigos ó currículo galego, como para mellorar os propios artigos, cousa que podería intentar facerse como tarefa pedagóxica por alumnos das propias materias... Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 02:39 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Creandoentradas.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 18 de febreiro de 2019 ás 18:56 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Creandoentradas. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 20 de febreiro de 2019 ás 17:08 (UTC)[responder]

Páxinas de usuario[editar a fonte]

Boas Creandoentradas, mira, cando engadas os usuarios na páxina do proxecto, lémbrate de poñerlles "Usuario:" para que ligue coa súa páxina de usuario, se non fas iso a ligazón apunta ó artigo con ese nome de usuario que, loxicamente, non existe. Se precisas axuda con calquera cousa da Galipedia podes deixarme un comentario na miña páxina de conversa :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de marzo de 2019 ás 12:49 (UTC)[responder]

Transliteracións[editar a fonte]

Ola! Grazas polas túas últimas contribucións. Na Galipedia adoitamos transliterar os textos noutras linguas que non teñen tradución ao galego. Podes consultar aquí como facelo para a entrada de Eleni Karaindrou. Un saúdo Maria zaos (conversa) 23 de abril de 2021 ás 21:55 (UTC)[responder]