Conversa usuario:Chabaliño
Benvido(a) á Galipedia, Chabaliño!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 15 de febreiro de 2020 ás 00:19 (UTC)
Nado[editar a fonte]
Boas Chabaliño, desfixen a túa edición en Colón porque nado é correcto e é como se adoitan comezar tódalas biografías da Galipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2020 ás 16:32 (UTC)
Moitas Grazas Elisardojm, non sabía que nado era correcto, terei mais coidado a próxima vez, Chabaliño (conversa) 22 de febreiro de 2020 ás 17:10 (UTC)
Traducións automáticas[editar a fonte]
Ola Chabaliño. Hai cousas que os tradutores automáticos fan especialmente mal, por exemplo traducir e adaptar correctamente os modelos {{cita libro}}, {{cita novas}}, {{cita publicación periódica}}, {{cita web}} etcétera. Eses son os modelos que inclúen, moitas veces, as referencias do artigo, que, como probablemente xa saberás, son algo moi importante en Wikipedia (WP:V, WP:NFP, WP:CITE, WP:FF ...). Por iso e por outros motivos máis obvios, as traducións automáticas deben ser revisadas e completadas (exemplo). ¿Poderías ti proseguir a revisión da última páxina que iniciaches, achegando os contidos que quedaron atrás no proceso automático?.
Graciñas, un saúdo e a seguir. ☣Banjo tell me 7 de marzo de 2020 ás 22:34 (UTC)
Moitas grazas polo aviso, descoñecía que o tradutor automático tiña eses erros; intentarei revisalos a próxima vez. Moitas grazas, e un saúdo. Chabaliño (conversa) 7 de marzo de 2020 ás 22:51 (UTC)
Axudas ortográficas[editar a fonte]
Ola Chabaliño. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 7 de marzo de 2020 ás 22:34 (UTC)
Perdón pola miña mala pata coa ortografía dedicarei máis tempo a repasar as edicións. Moitas grazas pola recomendación dos correctores ortográficos, serán de moita axuda. Un saúdo, Chabaliño (conversa) 7 de marzo de 2020 ás 22:57 (UTC)