Conversa usuario:Cesardelcano

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Cesardelcano!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 3 de maio de 2017 ás 21:38 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Cesardelcano. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 8 de agosto de 2018 ás 09:48 (UTC)[responder]


Víctor Álvarez del Caño[editar a fonte]

Ola HombreDHojalata, tentaba eu editar en Wikidata os datos do artigo Víctor Álvarez del Caño, pero vexo que foron borrados por un administrador e mesmo bloqueado o acceso.

Conforme ó que se indica no historial entendo que foi debido a un suposto vandalismo. Non era a miña intención, pido desculpas. Con todo, quixera saber por que se considera vandalismo o feito de engadir datos nunha biografía. Obrigado de antemán! --Cesardelcano (conversa) 13 de agosto de 2018 ás 16:43 (UTC)[responder]

Verás, equivocácheste. Digamos que tentaches editar o que é o propio formato da propia caixa de "biografía".
Para meter datos de Víctor Álvarez del Caño en Wikidata tes que facerlle unha ficha nova (inda non ten) en d:Special:NewItem. --. HombreDHojalata.conversa 13 de agosto de 2018 ás 16:59 (UTC)[responder]
Graciñas. Tentarei ir con máis coidado.--Cesardelcano (conversa) 13 de agosto de 2018 ás 17:04 (UTC)[responder]
Non hai problema. Ninguén nace aprendido. Podes consultar calquera outra dúbida que teñas aquí: Wikipedia:A Taberna (xeral). --. HombreDHojalata.conversa 16 de agosto de 2018 ás 08:16 (UTC)[responder]

Moncha Prieto[editar a fonte]

Ola, . Perdoa a intromisión, pero non me fixei que o artigo de Moncha Prieto tiña o marcador {enuso} e fixen algunas correccións. Espero que non te estragase nada. Síntoo. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 31 de agosto de 2021 ás 16:47 (UTC)[responder]

Ó contrario; agradecido pola axuda. Acabo de o publicar, anque aínda lle quedan cousas por engadir e, talvez, por rectificar; esí que non pasa ren. ;) --Cesardelcano (conversa) 31 de agosto de 2021 ás 16:59 (UTC)[responder]